A situación nas estradas complícase pola neve, a chuvia e o vento

A neve xa está a caer con forza nas montañas de Ourense, Lugo e Pontevedra. Agárdase que siga nevando até formar capas de até 15 centímetros. Alerta vermella en gran parte da costa e laranxa no interior suroeste.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/02/2016 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Os problemas comezan a multiplicarse para os condutores. En Manzaneda tiveron que rescotar a catro persoas que quedaran atrapados no seu automóbil. En Pedrafita, houbo 10 centímetros de neve e varios turismos quedaron atrapados. Tamén na Autovía da Prata en Verín houbo problemas e a circulación estivon cortada.

Mapa de incidencias e alertas polo temporal
Mapa de incidencias e alertas polo temporal | Fonte: 112galicia.org

Cómpre lembrar que o corredor do Morrazo está cortado nun carril sentido Cangas por un desprendemento. A circulación está desviada por unha estrada comarcal.

Curisoamente, a nova ponte sobre a Ría de Noia, inaugurada o ano pasado, foi das que peor resistiu este temporal. Estivo cortada toda a mañá do domingo polo desprendemento de varias mamparas. Agora reabriuse ao tráfico.

Tamén hai circulación complicada na A8 debido ao vento. Na A52 na zona de Melón hai un carril cortado por un desprendemento.

En Mos houbo o desprendemento dun tellado dunha nave que provocou ademais cortes de auga e luz. 

Os refachos de vento superaron máis dos 100 quilómetros horas en Vigo, onde se tiveron que desaloxar varias vivendas polas chuvias. En Redondela houbo inundacións onte pero esta mañá a situación estaba normalizada. 

A previsión indica que seguirán ventos de até 80 quilómetros hora. 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Vicepresidencia da Xunta, mantén a alerta dun temporal de neve de nivel laranxa, nas provincias de Lugo e Ourense.

Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), este fenómeno adverso afectará ás zonas de montaña de ambas provincias, con rexistros de 25 centímetros; e á zona sur de Ourense, onde serán de ata 10 cm. A cota de neve estará sobre os 500/1000 metros.

Ante esta situación, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou da situación a todos os concellos afectados, bombeiros, Deputacións e servizos de Protección Civil provinciais, entre outros medios.

Tamén, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción, tales como evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias ou revisar o estado das estradas asegurándose de saír con cadeas e os depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta