Ferreiro dille a Pedro Sánchez que non ten garantidos os votos de En Marea

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, insistiu este domingo en que as dificultades na relación entre as mareas locais e o PSOE poden interferir no apoio de En Marea a Pedro Sánchez para ser presidente do Goberno. “A posibilidade teórica de que En Marea vote en sentido diferente a Podemos está aí”, indicou.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/02/2016 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Sobre as negociacións dos orzamentos na Coruña, Ferreiro dixo, nunha entrevista na Radio Galega, que aínda que a vontade de chegar a acordo co PSOE segue adiante, “a partir desta semana empezaremos a reunirnos coas outras forzas políticas da oposición”.  

Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica | Fonte: crtvg.es

A Marea xa anunciou que intentará sumar os votos do Bloque e do PP. Os sufraxios do PP é moi improbábel que os logre e o do BNG non lle sería dabondo para aprobar as contas de o PP vota en contra. 

O primeiro edil coruñés recordou que o principal motivo polo que aínda non está aprobado o

proxecto presupostario deriva “da incapacidade que até agora amosou o grupo municipal

socialista para trasladarnos as súas propostas”. “Non tivemos ningún xesto que nos faga entender que o PSOE ten vontade real de que a cidade teña uns presupostos”, reflexionou.

Neste punto, Ferreiro recordou que, se non é posible chegar a acordo co grupo socialista,

“esta semana empezaremos a reunirnos coas outras forzas políticas para ver se é posible

chegar a consenso ou, polo menos, para posibilitar que se nos deixe aprobar os orzamentos

cos votos do grupo de Goberno”. Os socialistas, pola súa banda, acusan á Marea Atlántica de prepotencia por, segundo eles, presentar plans de actuación sen negociar con eles o diñeiro para executalos.

Ademais de na Coruña, en Santiago de Compostela a marea local, Compostela Aberta, non ten garantido o apoio do PSOE para sacar adiante as contas. Situación diferente a de Ferrol, onde os socialistas si participan no Goberno.

Por outro lado, e con respecto á política do Concello coruñés con respecto ás licenzas urbanísticas, o alcalde manifestou que “a prioridade é que se cumpra a legalidade  scrupulosamente”. 

“Dito así pode parece que non é gran cousa, pero a realidade é que a cidade arrastra moitos problemas dende hai moitos anos relativos a urbanismo e patrimonio, por iso os servizos de urbanismo están a ser moi serios á hora de tramitar todos os permisos”, explicou. “Nesa área reforzouse o persoal, co que se conseguiu maior axilidade, o que permitiu aumentar nun 40% a tramitación de licenzas”, comentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

13 Próculo

Xa

12 Eu mesmo

Aviso a navegantes: no plano de 98 páxinas que Podemos presentou ao PSOE, tamén no nome de En Marea, nin papa de suprimir as Deputacións. Toc toc, están aí os deputados nacionalistas eleitos nesas listas???

11 KGww

o bloque apoiou a Zapatero a cambio dunha policía galega integral, algo que quedó esquecido cando perdeu o poder. Estaria ben unha policía galega diferente as actuáis e con modelos distintos. POstos a pedir tamen oído un tren de cercanías galego.

10 Celta

É quen este jichiño que se fala en nome dos seis deputad@s da Merea? Un cascarilleiro que fai campaña pra okupar Montepío

9 Chuvichuva

Xa llos garantizará a FPG, esa forza "comunista" que fai as mesmas cagadas que os do BNG após anos de dar leccións.