Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2024 | Actualizada ás 13:10
Galicia rexistrou 2.592 hectáreas queimadas no que vai de 2024, o que supón un descenso en comparación coas 6.748,9 hectáreas de 2023 (con datos definitivos). De feito, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que as 1.785 ardidas no verán supoñen a cifra máis baixa na serie histórica en período de alto risco (xullo, agosto e setembro).
Na súa comparecencia a petición propia no Parlamento galego, debullou houbo que 105 incendios (lumes superiores a unha hectárea) entre xaneiro e outubro, o número máis baixo na última década, que calcinaron 2.133 hectáreas. A isto súmanse 595 conatos (74,5 hectáreas) e as queimas que supuxeron 385 hectáreas. A conselleira sinalou que estes resultados "non son malos", pero traballarase para alcanzar a cifra de "cero" lumes e hectáreas. Ademais, asegura que serán "implacables" na persecución de incendiarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.