Denuncian un caso de neglixencia médica no hospital de Ourense

A Asociación Defensor do Paciente critica que o centro hospitalario aconsellou a un home afectado dun problema cardíaco grave que regresara a Gudalaxara para consultar cos seus médicos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación Defensor do Paciente acaba de denunciar un novo caso de neglixencia médica nun hospital galego. Desta volta trátase do de Ourense que aconsellou a un paciente diagnosticado cun problema cardíaco grave voltar a Guadalaxara e consultar a situación cos seus médicos.

Hospital de Ourense
Hospital de Ourense

O falecido e a súa muller acudiron o pasado 6 de decembro de madrugada a un centro de saúde porque o marido tiña "moita tose e unhas décimas de febre" e os médicos dixéronlles que fora ao hospital de Ourense, "porque debía ter o nivel de osíxeno en sangue alterado"

No hospital, segundo a muller, fixéronlle unha serie de probas e unha cardióloga preguntoulles se nunca lles dixeran que o paciente tiña algo no corazón"e comentoulles que como estaban "desprazados e non vivían" en Ourense "podían marchar a Guadalaxara e, unha vez na súa casa, que consultasen con médicos. "Non nos dixo nada de que non puidese conducir, nin que non fixese esforzos, nin nada de nada, bo só mandáronlle unha pastilla porque tiña a tensión alta", suliña a muller nunha carta.

A Asociación Defensor do Paciente levará o caso á Fiscalía de Madrid, onde o home faleceu tras ser intervido cirurxicamente, e á de Ourense, onde lle diagnosticaron inicialmente o problema. "O paciente necesitaba ser atendido sen dilación, pero trasladárono porque non era desa comunidade", indica  nun comunicado. Por iso, pídelle ao Ministerio Público que abra unha investigación do caso que considera "moi grave" xa que opina que é unha mostra dunha "desconcertante lei entre autonomías".

O informe médico do hospital de Ourense indicaba que fixese probas con urxencia", polo que o 8 de decembro de 2014, ao regresar á súa casa, a parella acudiu ao médico de cabeceira, que remitiu o paciente a Urxencias do hospital de Guadalaxara. Os médicos que o atenderon alí prescribíronlle facer varias probas, unha das cales con cita para o 25 de abril que foi despois atrasada ao 4 de maio.

Catro días, o 8 de maio ás 23:50 horas, a parella recibiu unha chamada telefónica dunha cardióloga de Guadalaxara que indicou ao paciente a necesidade de ingresar de maneira urxente no hospital por indicación do radiólogo para someterse a unha nova proba e advertiu de que non conducise vehículo algún.

Unha vez ingresado no hospital de Guadalaxara ás 01:30 horas os médicos indicaron que estudaban a posibilidade de trasladalo ao hospital Ramón e Cajal de Madrid ou ao de Toledo, e finalmente foi enviado ao primeiro deles en ambulancia onde chegou de madrugada e foi intervido cirurxicamente.

Un cardiólogo que o operou díxolle á esposa que "non sabía como aguantara tanto tempo" nesa situación e posteriormente, ás 10:30 horas, un médico comunicoulle que "non podían facer nada e que falecera".

A asociación indica que a intención da súa denuncia é "depurar responsabilidades, lograr que "este tipo de situacións graves non se volvan a dar" e evitar a "indefensión que sofren as persoas que teñen esta vivencia e que, como neste caso, acaba coa morte dun paciente". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta