Que fráxil memoria temos!!!

Ateigados de novas díarias, resulta moi sinxelo esquecerse de tanta información recibimos, pois ate chega a saturarnos. Polo tanto, para seguir camiñando pola vida, necesitamos liberarnos de tanta noticia facendo un cribado para eliminar o banal e centrarnos no importante.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/02/2016

Comparte esta noticia

Desta cuestión saben moito os dirixentes das fomacións políticas. Por iso,  cando están na oposición predican hunha cousa e, cando chegan a gobernar, esquécense do dito e fan o contrario, ou miran para outro lado como se non acontecera nada. Dito doutro xeito, saben e xogan coa fraxilidade da nosa memoria individual e colectiva.

Gobernando a cidade de Ourense o bipartito PSOE e BNG os dirixentes do PP reivindicaban insistentemente, con manifestacións incluso, que Ourense non podía ser menos e que, a Estación de chegada para o AVE, tiña que ser soterrada. E subidos a iste carro do soterramento deron a murga insistentemente, aínda que eran sabedores de que  tal cuestión era imposible. Pois os niveis das vías   cara a Santiago  non o permitían. Daquela presentouse un proxecto que era moi interesante pois unía o barrio da Ponte co do 21, hoxe moi separados polas vías actuais. Pero quelo, segundo os populares, non valía e seguiron dando a tabarra e berrando na rúa.

Os tempos e os avatares políticos, moitos escandalosamente, sen viosos de solución pola lentitude dunha xustiza, crearon un caldo propicio para que chegaran ó goberno os polpulares. E dende que tomaron posesión, o proxecto inicial da Estación do AVE desapareceu. E estes nosos gobernantes, amparándose no esquecemento e na memoría fraxil de moitos ourensas, agora propoñen facer pouco maís ca un apeadeiro cuns galpóns para a chegada do tren de alta velocidade. E claro, diante este asunto sen mediar ningunha explicación pública, calan como se foran estatuas de sal. E esquecen o que pedían antano baixo  pancartas reivindicativas. Vamos, ate parece que teñen vergoña do seu pasado.

Pero a fraxilidade na memoria vai máis alá do que se pode pensar, e ás veces, permite facer verdadeira falcatruadas que nós xa non veremos resoltas.  Hai uns anos, todas as autoridades políticas e mesmo o concello daban por feito que, a Celulosa ENCE  de Pontevedra,  tiña os anos contados á beira da ría. Houbo acordos e proclamas a tal respecto.  Polo que  o seu cheiro sería limitado no tempo. Pois nada, o goberno en funcións do PP prorrogóulle a concesión, inflando o número de postos de traballo,  nada menos que por 60 anos a esta nociva empresa. E todo sen ter obrigas de melloras para o medio ambiente. Pregunta: se caducaba a concesión no 2018, a que tanta presa en resolver un asunto de tanta contraiedade? Respondo co texto dunha cantiga do grupo ourensán dos anos sesenta que se coñecía como  Folk Cantigas: “Algo cheira a podre ó noso arrededor, cando lle cortan as ás ó paxaro pra non voar...” Enténdase: algo cheira a podre por facer  a concesión tan a presa e por tantos anos a esta empresa. E mentres tanto, os concelleiros,  deputados, senadores e palmeiros do PP e tamén das demais formacións, incluso os da marea,  tanto no caso de Ourense, como no de ENCE, están mudos, ausentes ou desaparecidos. Ninguén se lembra nin quere facelo do que pasou e prometeu  antano. En fin, cousas veremos no acontecer diario e no facer dos nosos gobernantes, claro,  aproveitándose da fraxilidade da nosa memoria individual e colectiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com