Louzán di que son “intranscendentes” as investigacións sobre el na Operación Patos

O aínda presidente provincial do PP de Pontevedra négase a declarar ante o xuíz e insiste en que non ten nada que ver con esta trama. Evita falar sobre a súa amistade co principal imputado da trama, o empresario Enrique Alonso Pais.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 17/02/2016 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Totalmente intranscendentes”. Así cualificou o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, as conversas telefónicas intervidas no marco da Operación Patos e polas que está imputado nun xuízo no que se negou este mércores a declarar.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o 13 de agosto de 2012 o concello de Oia, na compaña do alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez, e o tenente alcalde, Eugenio Portela, para comprobar o remate dos traballos comprometidos para a conexión do depósito municipal de abastecemento. As obras foron adxudicadas a Eiriña, empresa presunto centro da Operación Patos
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o 13 de agosto de 2012 o concello de Oia, na compaña do alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez, e o tenente alcalde, Eugenio Portela, para comprobar o remate dos traballos comprometidos para a conexión do depósito municipal de abastecemento. As obras foron adxudicadas a Eiriña, empresa presunto centro da Operación Patos | Fonte: xunta.es

O aínda presidente do PP de Pontevedra acolleuse hoxe ao seu dereito a non falar ata que non se resolva a petición dun grupo de avogados que demandou a anulación destas escoitaselefónicas practicadas na causa. E, a pesar de proclamar o seu “máximo respecto á xustiza", anunciou que non comparecerá ata que non sexa citado "cun escrito".

Sen embargo, Louzán non tivo problema en falar diante dos xornalistas. “Non teño nada que ocultar do que eu coñeza", dixo ao definirse como "unha persoa máis" na Deputación cando era o seu presidente. “Hai un extraordinario equipo de funcionarios que, dalgunha maneira, son os que tramitan e na documentación todo obra correctamente", dixo tentando botar balóns fóra.

Por iso, asegurou ser "o primeiro sorprendido" polas actuacións supostamente irregulares contidas no sumario, e en todo caso engadiu que aquelas son "cuestións de puro trámite e levan dentro dos servizos que a casa ten para este tipo de cousas".

En canto a suposto trato de favor cara a Enrique Alonso Pais, o dono da construtora Eiriña, empresario situado como epicentro desta suposta trama corrupta por presunto autor de prácticas irregulares, alegou que non podía tomar "ningunha decisión" porque non formaba parte das mesas de contratación "desde hai algún tempo". “Ademais, como presidente da Deputación practicamente non asistía ás mesmas porque tiña actividade dabondo para iso", xustificou.

Louzán e outros líderes do PP visitan o Museo de Pontevedra
Louzán e outros líderes do PP visitan o Museo de Pontevedra | Fonte: Dep. de Pontevedra

"É indubidable que ningunha das miñas decisións, porque ademais non teño competencias para iso, puidesen beneficiar a esa empresa -Eiriña- nin a ningunha outra. Iso está fóra de toda dúbida", apuntou. Sen embargo, negouse a contestar  cando foi pregutnado sobre a súa amizade con Enrique Alonso Pais. “Non teño máis nada que dicir e non é necesario sacar cousas que non veñen ao caso", limitouse a suliñar.

A Operación Patos iniciouse en febreiro de 2014 cando a Policía detivo a cinco persoas, un ex concelleiro de Nigrán e administradores e empregados das empresas Cespa e Eiriña, e practicou rexistros nas corporacións de Vigo, Nigrán, Santiago, Pontevedra, Ponteareas e Ourense. Ademais, houbo inspeccións na delegación da Xunta en Vigo, en dependencias da Zona Franca, o Consorcio Casco Lanuxe e o Porto, e na Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta