AGE propón pagarlle 69 millóns ás construtoras do hospital de Vigo para “rescatalo”

Denuncia que a privatización desta obra está chea de “irregularidades” e que o seu rescate evitará que os galegos acaben pagando os 1.414 millóns que a Xunta de Feijóo comprometeu nos vindeiros 20 anos

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, saíu este mércores ao rescate do hospital de Vigo. Fíxoo cunha iniciativa parlamentaria na que pide anular a concesión do novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por 69 millóns de euros, xa que considerou que hai indicios de nulidade no contrato a unha empresa privada.

Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia
Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia

Por iso, propón comprar o capital social da firma concesionaria valorado en 31,5 millóns de euros e a pagar os créditos contraídos por valor de 38 millóns de euros, o que suma 69,5 millóns. Di que, deste xeito, os contribuíntes galegos deixarían de pagar os 1.414 millóns de euros comprometidos pola Xunta de Feijóo por un período de vinte anos á firma concesionaria.

Así explicou que este “rescate” público do hospital débese ás numerosas “irregularidades" que se teñen detectado por parte da concesionaria privada do edificio. Neste sentido, lembrou que o Consello de Contas advertiu nun ditame en 2012 de que a concesión actual, que é de vinte anos, "compromete a sustentabilidade financeira" do sistema de saúde público galego.

A auditora Ernst&Young destaca nun informe sobre o exercicio de 2014 que o valor do hospital é de 232 millóns de euros. Por iso, AGE apunta que as condicións do contrato de concesión mostran unha "evidente causa de nulidade".

A coalición parlamentaria AGE indica na súa proposta que o proxecto inicial da Xunta era construír un hospital público, pero que o Goberno de Feijóo decidiu, posteriormente, acordar tal construción cunha firma en réxime de concesión que "vulnera as normas de contratación pública" en España e as directivas da Unión Europea.

Así, lembrou que o Banco Europeo de Investimentos concedeu un préstamo para a construción do hospital á Xunta e, ao ser atribuído a un proxecto mixto público-privado, podería constituír "unha axuda de Estado ilegal". “Feijóo suplantou fraudulentamente o preceptivo estudo de viabilidade por un simple estudo económico financeiro e acabou facendo un cóctel de concesión de obra cun subrepticio contrato de servizos", denunciou en rolda de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 sesese

Si vende o seu pazo para empezará pagar os millons de euros, enton será consecuente, e tera o meu voto

1 Balbino de Neira Vilas

Que rapidez en xustificar a corruPpela PP !!!! http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Ese José Manuel

Beiras o que se operou pola privada en Vigo hai uns meses

1 Balbino de Neira Vilas

Que rapidez en xustificar corruptela PP !!!!!! http://www.lavozdegalicia.es/notici...