Confesores do Papa "absolven pecados" directamente na catedral de Santiago

O Sumo Pontífice decidiu envíar catro confesores da sede vaticana a Compostela pola celebración do "sacramento da reconciliación".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2016 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O papa Francisco enviou á catedral de Santiago de Compostela catro misioneiros confesores para reforzar a absolución de pecados coincidindo coa celebración este ano pola Igrexa católica do denominado "sacramento da reconciliación".

Catedral de Santiago
Catedral de Santiago | Fonte: periodistadigital.com

Estes enviados papais son "misioneiros da misericordia" aos que o Papa Francisco lles outorgou plenos poderes "para perdoar tamén os pecados reservados á sede apostólica".

Entre eles inclúe tamén a capacidade de absolver de "profanación das especies eucarísticas, violencia física contra o sumo pontífice, absolución do cómplice en pecado contra o sexto mandamento ou violación directa do sixilo sacramental por parte do confesor" co fin de que se faga evidente a amplitude do seu mandato", suliñou o Arzobispado de Santiago nun comunicado.

Estes confesores foron enviados simbólicamente polo propio papa o pasado mércores de cinza, co inicio da coresma. "O PP quere que sexan accesibles, amables, compasivos e atentos especialmente ás difíciles situacións das persoas particulares", suliña.

Precisamente, o Arcebispado lembra que "historicamente a catedral de Santiago é considerada como un templo do perdón" e apunta que así o testemuña a tradición de abrir a porta santa ou porta do perdón", que permanecerá excepcionalmente aberta este ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Plan Nacional Absolve

e pode absolver o nostrus dos seus pecados de apología do nacionalismo espanhol?