Cancela di que Besteiro non actuará "para debilitar" ao PSdeG a pesar de ser o "mellor candidato"

Di que a súa situación xudicial "non é unha casualidade" e pediulle "celeridade" á xuíza De Lara ao entender que "os xulgados tampouco poden condicionar a vida política".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O futuro político do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, segue estando no aire. A pesar da súa intención de ser o candidato socialista ás autonómicas galegas, o certo é que a súa actual situación xudicial non xoga ao seu favor.

Pilar Cancela, número dous do PSdeG
Pilar Cancela, número dous do PSdeG | Fonte: psdeg-psoe.org

Por iso, a secretaria de Organización e número dous do PSdeG, Pilar Cancela, saíu na súa defensa e suliñou que é o "mellor candidato" que en este partido. Sen embargo, tamén recoñeceu que "nunca imporá unha situación que debilite ao partido", en alusión a súa imputación no chamado caso Garaón.

Nunha entrevista na Cadena Ser, Cancela destacou que non é "cuestionable" que Besteiro é "o mellor candidato", como tampouco o é "a súa actitude e a súa responsabilidade". "Os valores que el manexa e exerce no seu día a día van confluír na mellor solución", destacou.

En todo caso, tamén afirmou que a súa situación xudicial "non é unha casualidade" e pediulle "celeridade" á xuíza De Lara ao entender que "os xulgados tampouco poden condicionar a vida política".

"É unha persoa dunha incrible talla política e persoal", dixo de Besteiro. "Por iso toca defendelo e apostar por el como o mellor candidato que existe, porque é así", engadiu.

Do que xa non quixo falar Cancela é de se a dirección ten alternativa a Besteiro se este non se presenta. "Non son meiga", indicou ao descartarse ela para ese posto. "Eu xa estou tremendamente orgullosa de representar ao partido no Congreso", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta