Á deriva

Son moitos os cidadáns que empezan a estar un tanto cansos e mareados, pois con isto dos pactos e de que todos están dispostos a chegar a acordos, non entenden a razón pola que non se elixe a un presidente e se forme un goberno que recolla o sentir maioritario da xente; un executivo que sexa capaz de dar un xiro na política que ate agora nos levou a unha situación dificil e nos ten sumidos nun marasmo no que a incertidume é o que máis se percibe.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/02/2016

Comparte esta noticia

A sensación, que unha  gran maioría social ten, é que haberá que volver a votar, pois cando todos queren acordos pero poñen liñas roxas que impiden o diálogo, a cousa camiña cara o desacordo. E mentres todos fan esforzos e deseñan estratexias para non cargar coa culpa do fracaso, o andazo e a desilusión  medra. E no medio dese non saber que acontecerá na capital do reino,   na nosa terra a lea política camiña sen ter un referente claro ó que votar cando chegue a hora das xerais, se é o caso, ou das autonómicas. A forza que durante moitos anos foi bandeira e representación de Galicia nas cortes do estado, anuncia que unha muller será a encargada de facer un reseteo do frentismo que non a súa desaparición. E de saída, no cadro direxente proposto, non entra ningunha das persoas que pedían unha refundación e posibles alianzas con forzas estatais.

Con todo,  cada día que pasa a soedade das ideoloxías  fundamentalistas aumenta e veremos que pasa despois da asamblea do vindeiro 28F.  Pero  algo, e deseguro que algo  tomará forma pois nada será igual xa que antes da derrradeira  ruptura que houbo na Fronte. Por outra parte,  á chamada Marea,  creo que perdeu unha boa oportunidade de facerse coa voz desta terra no congreso, claro  se optará por  unirse  ó grupo mixto. Polo que agora, por moito que digan, son unha franquicia en Galicia, cuestión que decepcionou a moitos votantes que a apoiaron é posiblemente non repitan o voto.

E con este panorama un tanto desolador, as voces que escoito son máis de desilusión que de esperanza. Dito doutra maneira, de fracaso que de éxito. En fin,  nesas andamos todos, pero  un tanto mareados pois nin goberno no Estado, nin forzas que representen os intereses xerais desta nosa terra no Congreso. E tampouco nin líderes que sexan capacer de unir o galeguismo e o nacionalismo da terra de Breogán.  Polo que  camiñamos á deriva como as dornas sen timon nin remador esperando tempos mellores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com