Cerdedo-Cotobade, segundo novo concello en fusionarse

Os dous concellos de Pontevedra sumarán 6.160 habitantes e 214,5 quilómetros cadrados e terán facilidades a fondos especiais da Xunta por fusionarse. Sen embargo, non se desvela a súa estrutura de funcionamento. Rafa Cuíña aposta por abrir conversas para ampliar este modelo á comarca do Deza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2016 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Os municipios pontevedreses de Cerdedo e Cotobade decidiron iniciar os trámites para a súa fusión nun só concello que levará o nome de Cerdedo-Cotobade. Convértense, deste xeito, no segundo municipio fusionado de Galicia,  tras a unión na Coruña de Oza e Cesuras. O novo concello galego ocupará un territorio de 214,5 quilómetros cadrados de extensión e contará con 6.160 habitantes.

Casa do Concello de Cerdedo
Casa do Concello de Cerdedo | Fonte: berenguela.com

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu aos dous rexedores a toma desta decisión porque, segundo dixo, será beneficiosa a nivel demográfico e económico.  Ademais, mencionou  outros "incentivos" asociados á fusión, como a "preferencia" ao optar a subvencións durante o próximo lustro, a adopción de novos servizos obrigatorios ou, especialmente, o acceso ao fondo especial para fusións de 2,2 millóns de euros que contemplan os orzamentos galegos para 2016.

“Con esta nova fusión Galicia sigue sendo pioneira na racionalización do mapa municipal de España nunha época que está un pouco orfa de grandes decisións", suliñou. Ademais, abriu a porta a futuras unións de concellos, dado que "Galicia non pode descartar outras fusións", que, en todo caso, virían amparadas polos "incentivos importantísimos" que existen tanto a nivel estatal.

Pola súa banda, os dous alcaldes, do PPdeG, evitaron pronunciarse acerca dos prazos de execución do proxecto e tamén sobre a composición da xestora que gobernará o concello final, alegando que o plan de fusión se atopa aínda na súa fase inicial. Sen embargo, defenderon a unión amparándose en que permitirá un axuste do gasto sen que isto leve perda algunha de servizos.

Os rexedores suliñaron que as casas de consistoriais de Cotobade e Cerdedo manteranse abertas para que a fusión non redunde na diminución dos "servizos de proximidade".

Sobre os motivos da fusión, o alcalde de Cerdedo, Silvestre José Balseiros, explicou que ambos os concellos estaban expostos a "un problema demográfico bastante grave" nunha área de marcado carácter rural a pesar da súa proximidade á cidade de Pontevedra.

Pola súa banda, o rexedor de Cotobade, Jorge Cubela, cualificou o inicio dos trámites como unha "decisión histórica" que eleva a Cotobade e Cerdedo ao "liderado político no municipalismo galego" e que permitirá facer "máis con menos".

Tras coñecerse esta nova, o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, apostou por establecer conversas e negociacións para ampliar este tipo de modelo a outros municipios da comunidade, e nomeadamente da comarca do Deza, para optimizar o mapa administrativo de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 naveirinhadomar

CotoDedo e Cerbade, esa fulcral creación dos iluministas alcaldes de entrambos, sin contar para nada a opinión nin consulta algunha á población: está aterrando o Iluminismo Ilustrado, pois na Ilustración tamén gobernaban para os súbditos, PERO SIN os súbditos. Como debe ser. !!!

1 naveirinhadomar

E a alcaldía quedará atrapada polo espíritu unificado de entrambos: SILVESTRE CUBELA...

3 as comarcas esnaquizadas

Dous concellos fusionados DE DUAS COMARCAS DIFERENTES!!! E os do Bng e Anova non se enteran, nin din nada??? O nacionalismo do seculo XXI so serve para sustentar e dar de comer ao PsoE e ao PcE (version clasica do aparato ou light de Podemos)??? Facer pais ou tomar cafe cos espanholistas!!! Impostores de Anova e do Bloque, o nacionalismo galego era outra cousa!!! Sen comarcas non hai pais, sodes complices do PPsoEspanhol!!!

2 sesese

Van moi pouco a pouco. Tanto concello pequeno e imposible.(6000 personas)

1 eusi

E cal é o nome elixido polo Frijol para tal fazaña nunca vista? Dedo-Coto? PPaoPParo