Temas: PENSIóN ESPAñA

Un pensionista galego cobra case 300 euros menos que un madrileño, un asturiano ou un navarro

Ten unha pensión de 757,73 euros, a segunda máis baixa do Estado, despois de Extremadura, mentres que a media de España é de 1.035,65 euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2016 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Os pensionistas galegos seguen sendo dos que menos cobran do Estado, só por riba dos extremeños. Así, a pensión media que cobra un galego é de 757,73 euros, case 300 euros máis baixa que a media do Estado e case 400 euros menos que a dun vasco.

Os roubos a persoas anciáns comeza a ser habitual en Galicia
Os roubos a persoas anciáns comeza a ser habitual en Galicia | Fonte: elconfidencial.com

O número de pensións en Galicia quedou en febreiro nun total de 753.060, un dato que representa un incremento do 0,5% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Unha cantidade que contrasta coa pensión media de xubilación que, en España, ascendeu en febreiro a 1.035,63 euros mensuais, un 2,13% máis que en 2015, co que o gasto total neste tipo de prestacións contributivas elevouse a 8.406 millóns de euros durante este mes.

No que se refire á pensión media do sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), esta situouse en 898,01 euros, o que supón un aumento interanual do 1,87%.

Por comunidades autónomas, a pensión media máis alta rexistrouse no País Vasco (1.113,01 euros), seguida de Madrid (1.062,29 euros), Asturias (1.060,58 euros), Navarra (1.027,68 euros), Aragón (941,56 euros) e Cantabria (940,24 euros).

Temas: PENSIóN ESPAñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 farta

Que se jodan, que lle sigan votando ao pp e oxalá llas retiren todas e morran de fame

2 Borja Mario

Porque para cobrar hay que cotizar antes queridos.

1 Montouro

Cando gobernaba aquí o bipartito e Zapatero en Madrid, as pensións galegas eran as máis baixas do Estado.