Denuncian que a Xunta cobra 17 euros por cada currículo que recibe

A Administración Xeral da Xunta obriga a pagar por apuntarse en listaxes públicas de emprego que, segundo CIG-Autonómica, “non garanten que vaian chamar”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/02/2016 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A Xunta tamén cobra por deixar o currículo e por apuntarse nunha lista para poder traballar nun posto público. É a denuncia que fai a CIG-Autonómica que critica que cobra 17€ para botar o currículo de admnistrativo e outros 17€ se estás interesado, por exemplo, noutro posto do cadro de persoal, como enxeñeiro.

Complexo administrativo da Xunta en San Caetano
Complexo administrativo da Xunta en San Caetano | Fonte: eldiario.es

“O peor é que a entrega dese curriculo non garante que te vaian chamar, de feito, na dita empresa pública os chamementos temporais están bastante limitados”, critica este sindicato nun comunicado.  A encargada de cobrar esta taxa é a propia Administración Xeral da Xunta onde os chamamentos das listas levan anos ralentizados e limitados por lei. Con todo, seguen cobrando 17€ por cada lista na que calquera aspirante se apunte, ou sexa, por cada categoría profesional, corpo ou escala na que queira traballar de xeito temporal.

“Non é normal que cobren por apuntarte nunhas listas, como non é normal que te cobren por unha entrevista de traballo, nin por deixar un curriculo, nin sequera por presentarte a un proceso selectivo”, denuncia. “Pero isto é a Xunta de Galiza, ademais de cobrar, cobran ben, e máis que outras Administracións”, engade.

Así, as taxas das probas selectivas (2015) de acceso ao subgrupo C2 na Xunta son 24,90 € mentres que na Administración Xeral do Estado son 11,21 € (ou 5,61 € na promoción interna).

Xa en 2013, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais solitáralle a Función Pública que deixara de utilizar estas listas con carácter meramente recadatorio. Moita xente anotouse antes de que comezaran a existir estar limitacións orzmantarias e pagou unha taxas por anotarse nunhas listas que non teñen espectativa de moverse. “Agora segue anotándose xente e as limitacións dos chamamentos seguen aí e os 17€ por lista tamén”, engade.

Precisamente, no DOG deste venres, a Xunta publica a listaxe provisional de actualización de méritos do 2015 e abre xa algunhas listas para este ano 2016. “Debe haber presa en recadar, ou máis ben, en estafar”, ironiza CIG-Autonómica.

O de cobrar por entregar currículo ou buscar traballo non é novo. Ademais das empresas da rede que xa cobran por “posicionar” o teu perfil, hai empresas que comezaron, directamente, a cobrar por entrevistas laborais. Así, en xaneiro deste ano, houbo un escándalo cando se soubo que AirEuropa cobraba 60€ por realizar unha entrevista de traballo que non garantizaba que o aspirante conseguira traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta