Por gcdeportes | Compostela | 27/02/2016 | Actualizada ás 08:25
Ficha técnica
UMA Antequera 11: Juan Varela, Cecilio, Fali, Javi Sánchez e Claudio -cinco inicial- Crispi, Miguel, Rafa, Óscar e Armando.
Santiago Futsal 3: Iker, Pablo Tallón, Hugo Sánchez, Álex Diz e Antonio Diz -cinco inicial- Pablo Mel, Santi, Dani Montes, Juanjo Catela e Iván Rumbo.
Goles: 1-0: Fali (minuto 3). 2-0: Miguel (4’). 3-0: Miguel (5’). 4-0: Cecilio (10’). 5-0: Javi Sánchez (14’). 5-1: Antonio Diz (15’). 6-1: Cecilio (15’). 6-2: Hugo Sánchez (16’). 7-2: Óscar (25’). 8-2: Juan Varela (29’). 9-2: Cecilio (31’). 10-2: Javi Sánchez (34’). 11-2: Armando (39’). 11-3: Álex Diz (40’).
Árbitros: Gutiérrez Lumbreras e Lope Díaz. Amarelas a Santi, Catela e Iván Rumbo polo Santiago Futsal.
Incidencias: partido da 23ª xornada da LNFS disputado no pavillón Fernando Argüelles, coa pista con moita humidade polas intensas chuvias en Antequera.
Sumaba o Antequera tan só unha vitoria na Liga en 21 xornadas, ningunha na casa, pero chegou o Santiago Futsal e pasou riba dos composteláns, que encaixaron unha goleada (11-3) ante o pechacancelas da Liga. “Parecían avións ao noso lado”, asumiu resignado Santi Valladares. Os primeiros tres tiros a porta, tres goles e 3-0 en cinco minutos. Ao descanso, 6-2. E cinco máis encaixados no segundo tempo. Álex Diz pechou o partido co definitivo 11-3.
Os locais adiantáronse cun gol de Fali no minuto 3, vantaxe que aumentou Miguel ata en dúas ocasións nos dous minutos posteriores para poñer o partido moi de fronte para os intereses malagueños. A pesar dos arreóns celestes por reducir as distancias, Cecilio fixo o 4-0 no ecuador da primeira parte. Javi Sánchez anotaría o 5-0 para os locais e, xa con porteiro xogador en pista, os composteláns lograron acurtar distancias por medio de Antonio Diz. Pero Cecilio volveu anotar para os seus só un minuto despois. 6-1 no minuto 15. Pechou o marcador na primeira parte o lucense Hugo Sánchez co 6-2.
Tralo paso por vestiarios, nada puideron facer os composteláns por sumar en Málaga. Máis goles locais: de Óscar no minuto 25, de Juan Varela no 29, de Cecilio no 31, de Javi Sánchez no 34, de Armando no 39. Antequera gañaba 11-2. Álex Diz anotou o terceiro tanto celeste sobre a bucina. 11-3, marcador definitivo. Partido para esquecer. O vindeiro sábado (12,30 horas), Aspil Vidal Ribera Navarra en Sar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.