Remite o temporal de frío, pero nevará por riba dos 1.000 metros

Haberá alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probalbes canto máis ao norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O temporal de frío que afecta a Galicia desde o venres tenderá a remitir este domingo, aínda que a cota de neve situarase a partir dos 1.000 metros.

Palas de Rei, cuberta de neve
Palas de Rei, cuberta de neve | Fonte: FB Silvia Pena

O vento será forte na costa e as temperaturas en lixeiro ascenso, segundo informa o Instituto Meteorolóxico de Galicia que prognostica que persistirá certa inestabilidade na atmosfera.

Unha situación que provocará nos ceos galegos alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probables canto máis ao norte.

Na costa haberá ventos de compoñente norte, moderado en zonas do interior e forte na costa con refachos moi fortes. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso nos valores
mínimos e moderado nos máximos.
  
En canto ao mar, Meteogalicia prognostica na costa Cantábrica vento do norte con forza 4 a 6, con forte marusía e visibilidade regular a boa, ademais de mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 4,5 metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti-galleguiño

o que nom ABATE é a vaga de galleguiñolización, embora as temperaturas em ligeiro AUMENTO / SUBA