A UPG gaña unha Asemblea á que acudiron o 35% dos que votaron en Amio

Cumpriuse o guión previsto. A candidata da liña oficialista do BNG, Ana Pontón, é xa a primeira muller que chega a voceira nacional. Aymerich anuncia a súa marcha. Vídeo das resolucións e do discurso final no interior.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/02/2016 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

Ana Belén Pontón Mondelo, actual voceira parlamentar, levará o leme dun Bloque que promete refundarse. Con todo, os plans electorais seguen a ser o mesmos. A diversidade ideolóxica e o volume da militancia da fronte, pola contra, é sensiblemente menor.

Votando na XV Asemblea do BNG no Palexco da Coruña
Votando na XV Asemblea do BNG no Palexco da Coruña

Pontón gañou grazas, entre outros factores, ao pacto entre a Unión do Pobo Galego -partido no que milita- e o Movemento Galego ao Socialismo -partido tamén comunista cuxos dirixentes proceden en boa medida da UPG. 

No Palexco da Coruña 1.191 persoas votaron á candidatura de Ana Pontón. 170 votos foron para a de Carlos B. Ansoar, un militante do Barbanza que foi o único dos críticos en dar a cara nas urnas. Houbo 131 brancos e 25 nulos.

Son en total 1.517 sufraxios, 2.866 menos (un 65% inferior) que os contados na Asemblea de hai catro anos en Amio. Daquela Carlos Aymerich e Francisco Jorquera se repartiron case en parte iguais 4.383 sufraxios para ver quen era o candidato á Xunta. Tras Amio, o Bloque sufriu dúas escisións importantes e unha progresiva sangría de votos e militantes. No referido a militantes, polo visto e oído este domingo, a sangría pode prolongarse.

Nas votacións previas ao documento político, a liña oficialista tamén gañou, pero houbo varios votos particulares que rozaron os 500 apoios.

Asemblea do BNG no Palexco da Coruña
Asemblea do BNG no Palexco da Coruña | Fonte: BNG FEne

Unha mostra que non todos no Bloque están cómodos coa receita de actualizar o discurso e a organización sen introducir cambios profundos. Nin se abre a porta aos pactos coas mareas nin se obriga a disolver os partidos e correntes que conviven na fronte.

Estas eran dúas das demandas de Abrente, a corrente máis socialdemócrata entre os nacionalistas. O seu líder Carlos Aymerich confirmou na propia Asemblea que marcha da fronte, canso de pertencer a unha organización na que non se ve representado. Está por ver cantos das persoas próximas a Abrente tamén collen a porta. Outros críticos, como Carme Adán ou Alba Nogueira comprometeron seguir na fronte.

A chegada de Pontón ao liderado é moi significativa. Por vez primeira o principal partido da historia do nacionalismo, a UPG, non cede o cargo de voceiro nacional. É máis, pesos pesados desta forza -como Néstor Rego, Bieito Lobeira, Montse Prado, Goretti San Martín ou Rubén Cela- están na Executivo.

Na lista ao Consello Nacional non hai rastro de membros de Abrente nin sequera de independentes como o até hoxe voceiro nacional, Xavier Vence, ou da deputada Carme Adán, quen públicamente pediron un cambio de rumbo ante o contínuo devalo nas urnas. 

“Un revés electoral non esgota un proxecto político!” proclamou Pontón no seu discurso de investidura. Na Asemblea non se abordou quen será o cabeza de cartel nas vindeiras eleccións a Xunta. 

O BNG aprobou numerosas resolucións, entre outras: a prol da independencia de Cataluña, contra a prórroga de ENCE, en solidariedade co pobo kurdo, co pobo palestino e pola liberdade de Arnaldo Otegui “inxustamente encarcelado pola súa defensa dos dereitos nacionais de Euskal Herri “ por vías pacíficas e democráticas. Velaquí o discurso completo da nova portavoz do Bloque Nacionalista Galego:

Vence na Asemblea do BNG
Vence na Asemblea do BNG
Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

14 Francisco Carlos

Agora so queda o UNTO

13 Pepinho

Agora xa solo quedan os upegallos,que penoso a nena mimada da UPG xa esta na cima co seu padriño Paquiño de Ferrol.Xente que nunca clavou unha punta e o único que queren e un postiño,e o peor de todo loitar contra a MAREA pois teñenlles odio do seu exito entre a xente deste país.Espero que a noite das elecións estedes chorando coma nas últimas,e non contentos porque cos vosos votos impedides un goberno da MAREA....

1 buli

Claro home! A culpa é do bng! Esse partido espanholista e de direitas!

12 Boavista Preclaro

upg!! upg!! upg!! adiante xa, coa upg!!

11 agora si que sí

eu coido que é preciso unha refundición de abaixo arriba e de arriba abaixo e de esquerda a dereita e imos pra alá e dalle que si e dalle que non e tócalle o zoco¡¡¡ non é por nada pero entre o choe e esta xente non se pode gobernar nin unha comunidade de veciños.... e mentras tanto anovamareapodemos eso qué é? non si cando che preguntan por Galicia e lles explicas todo esto danse conta porqué é NORMAL que reine o pp... por favor eleccións xa que pode haber record de deputados

10 Dores

¿Alguén sabe por que Caneiro e La Voz de Galicia pensan que o BNG é imprescindíbel? Alucino lendo isto no xornal do PP...: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Un de Sada

Por que ese escenario venlle moi ben os que lle pon de comer no pesebre de La Voz. Nin mais nin menos

2 Bautista Forever

Pois partindo de que o artículo- aínda que este cipaio do Canero escrebindo en español non me é de fiar -como peza literaria está logradísimo e que dí verdades coma puños respeito aos "adversarios" do BNG, o escribidor cága-a á hora de non deslizar nin un mínimo "pero" ao proceso asambleario en cuestión....todo moi sospeitoso vindo dun Feijoano "sobre colledor" exercente na Coz......pois que está claro que a división do voto na esquerda e nacionalismo axuda á maioria pepeira ainda que , destas ao mellor nin así....sobre todo se Feixoo se presenta baixo o paraugas (convocatoria conxunta coas xerais) do Apirolado non grato de Pontevedra....