Temas: ELéCTRICAS LUGO

O Concello de Lugo denuncia duplicación de facturas das compañías eléctricas

Algunhas destas empresas ameazan con cortar o suministro por non serlle facturadas 764 facturas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 01/03/2016 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, criticou que as multinacionais eléctricas, que ameazan con cortarlle o suministro a este concello, teñen facturado por duplicado. Unha situación que tamén afecta a particulares e, mesmo, establecementos hosteleiros da cidade, tal e como xa publicou o GC.

Estación eléctrica con liñas de alta tensión
Estación eléctrica con liñas de alta tensión

"Estamos a facer un traballo moi exhaustivo para verificar todas as facturas, porque estamos a falar de fondos públicos", dixo Lara Méndez. E é que na análise municipal, os funcionarios detectaron que, nalgúns casos, a subministración "vén mal facturada" ou mesmo que chegan facturas "por duplicado".

Unhas críticas que se producen logo de que as eléctricas ameazaran con cortar a luz por falla do pago de 764 facturas. "Estamos a manter reunións con distintas empresas subministradoras, porque é un tema que nos preocupa moito. Con Gas Natural xa mantivemos varias conversas, nas que nos manifestou que ten que seguir o seu protocolo de actuación", precisou a alcaldesa aos medios de comunicación.

En calquera caso, aclarou que "antes do comunicado de posible corte, que chegou o 19 de febreiro", a compañía xa informou de que non ía efectualo, porque o Concello está a tentar liquidar o problema.

A alcaldesta tamén achacou este problema "á falta de persoal" que "arrastra o Concello" e dixo que xa está en marcha un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para acabar coa situación que se crea á hora de verificar todas esas facturas.

Lara Méndez afirmou que ese convenio coa Deputación tamén contempla un apartado de formación para o propio persoal do Concello, de modo que se busca unha "solución" para o presente, pero tamén "para o futuro".

Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular cualificou de "bochornosa" a nova ameaza por parte da compañía subministradora de "cortar a luz en edificios municipais".

Temas: ELéCTRICAS LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta