Nova protesta dos profesionais sanitarios para esixir persoal e medios

Os traballadores denuncian a "precariedade laboral" con contratos por horas, días ou semanas "prolongados durante meses ou anos”. Din que as listas de espera en Vigo son de 30.000 persoas e non de 7.000, como di a Xunta.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os profesionais sanitarios volven saír a rúa para esixir persoal e máis medios na sanidade pública e denunciar a súa privatización. E o fan nunha protesta que apoian todos os sindicados do sector; CIG, CCOO, UXT, CSI-F, CESM, SAE, Satse e Omega, que anunciaron a convocatoria de mobilizacións o 3 e 10 de marzo.

Milleiros de persoas protestan en Vigo por unha sanidade pública nunha das manifestacións máis masivas que se lembran na cidade
Milleiros de persoas protestan en Vigo por unha sanidade pública nunha das manifestacións máis masivas que se lembran na cidade | Fonte: VM

Así, o 3 de marzo os sindicatos convocan aos profesionais a concentrarse ante os hospitais e centros médicos de Galicia e o 10 de marzo a unha manifestación que discorrerá en Santiago de Compostela entre a sede do servizo público de saúde Sergas e a sede da Xunta no barrio de San Caetano, coincidindo coa reunión semanal do Goberno autonómico.

Nunha conferencia de prensa conxunta, representantes deses sindicatos denunciaron a "precariedade laboral" mediante contratos de profesionais "por horas, días ou semanas" aínda que "prolongados durante meses ou anos", situación que está a levar unha "deterioración da calidade asistencial". Tamén indicaron que en Vigo non hai 7.000 persoas nas denominadas "listas de espera", senón "preto de 30.000", e afirmaron que esa situación ocorre noutros puntos de Galicia.

Deste xeito, denunciaron a falta de divulgación de datos fiables por parte da Xunta e indicaron que o número de pacientes que agardan unha consulta médica cun especialista, unha proba diagnóstica ou unha intervención cirúrxica non son reais, dado que hai moitos máis non contabilizados.

Maria Xosé Abuín, de CIG-Saúde, criticou que “esperar de 45 a 50 días para unha proba diagnóstica é unha utopía", xa que considerou que "pode ser un desexo pero non o que está a pasar hoxe en día". Por iso, precisou que a oferta pública de emprego debería ser de 3.000 prazas "en lugar de 800".

Manifestación da Plataforma Sindical en Defensa da Sanidade Pública
Manifestación da Plataforma Sindical en Defensa da Sanidade Pública

Javier Martínez, de UXT,  criticou que os gobernantes do "sistema público co diñeiro de todos están a contratar en precario aos profesionais" e considerou necesario "reaccionar ante este tipo de política sen taxas de reposición nin plans de ordenación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta