Pacto entre PPdeG e PSdeG para gobernar Santiago?

Feijóo desvela que o PP quixo darlle a alcaldía da capital aos socialistas, pero que estes rexeitaron o ofrecemento. Pilar Cancela confirma a oferta e Martiño Noriega acusa ao presiente de usar todo “para frear alternativas reais”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/03/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

“En Santiago mesmo lle formulamos aos compañeiros do PSOE se aceptarían ser alcaldes de Santiago cos votos do PP". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non tivo reparos en desvelar un medio segredo que os populares xa tiñan insinuado antes, pero non coa rotundidade coa que o fixo o presidente galego.

Feijóo nun comité de dirección do PPdeG
Feijóo nun comité de dirección do PPdeG

Foi durante unha entrevista na Televisión Española na que o líder do PPdeG confirmou que lle ofreceu ao PSdeG sumar os 9 votos populares aos 4 socialistas para converter en rexedor a Francisco Reyes. "Por se os votábamos, o PSOE abstívose, non se votou nin a si mesmo", dixo.

Unhas afirmacións que xa foron contestadas polo secretario xeral do PSdeG, Jose Ramón Gómez Besteiro, que acusou a Feijóo de "confundir o que é o seu desexo e a realidade", algo que, ao seu xuízo, "non achega nada". “Toda a estrutura de Feijóo, do éxito no mundo eólico, da reconversión naval, de investimentos que ían facer potencias estranxeiras, se difumina", dixo nun encontro cos xornalistas na Coruña na que evitou confirmar esa oferta.

Quen si as confirmou foi a secretaria de organización do PSdeG. A través das redes sociais, Pilar Cancela, dixo que o ofrecemento era "certo" pero suliñou que "o alcalde é de esquerdas e apoiado por nós, leccións cero".

Tamén, Martiño Noriega respondeulle ao presidente galego a través das redes sociais. "Explica tamén moito do acontecido estes meses no pleno da corporación", dixo ao  suliñar que  quedou "demostrado" que "para Feijóo todo vale con tal de frear alternativas reais".  En todo caso, o alcalde santiagués dixo que o debate dos orzamentos municipais que terá lugar neste mes "será un bo termómetro para medir a temperatura dos enfermos da gran coalición".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 subrupo podreiros expañol

non existe tal caso prefiren deixar a capital do reino en maos da idocia do golfiño merendiño das -vieiras que nun ano non fixo nada de nada, salvo mirar as mubes, ver como crece a herba na estrada, o único destacable e algo de anticlericalismo pero soamente contra os manexos do obispado, namentras deixaron ceibes os monxes "fascistas" da catedral de santiAGE de componendas, xa saben misas negras presididas por cabras do xures en vez de por cabrons. O vieirismo non entendeu a mensaxe do pobo. REFORMISMO!!!! REFORMISMO!!!! SANTOS INOCENTES!!!! ABAIXO VIEIRAS!!!! ABAIXO SANTIAGE DE COMPOÑENDAS