Que vén o lobo!!!

Iso parece que pensan os señores do IBEX cando se fala da posibilidade de que Podemos entre no goberno, non pensan en como establecer un marco regulador de negociación na que eles se comprometan a unha redistribución da riqueza a cambio de que o futuro goberno cumpra uns obxectivos, simplemente pensan en que van perder un lucrativo negocio onde só eles gañan, e claro....asústanse!!

Por Carlos González Armada | Vigo | 05/03/2016

Comparte esta noticia

Pero este mal non só esta instalado no IBEX, nas grandes empresas, tamén esta instalado dentro do propio Podemos, cada vez que ven aparecer o nome de Bases Podemos colócanse á defensiva. En nota de prensa dicíase desde Bases Podemos Galicia que Angela Rodriguez non se debía presentar a Secretaria Xeral de Podemos en Galicia, non polo menos mentres ela presente a súa dimision como deputada, (para evitar duplicidade de cargos), e que a súa parella (Miguel Sevilla), que é o que supostamente controlase a democracia e limpeza do proceso electoral deixase esa función en ,anos doutra persoa......a contestación desde Podemos é que dentro do partido existen os necesarios mecanismos de control para garantir a democracia do proceso e que non se poden utilizar temas persoais para "difamar" e para cuestións políticas

LAMENTABLE CONTESTACION......vexamos:

1- Se existe unha relacion persoal entre Miguel Sevilla e Angela Rodriguez, dicir que a parella dunha das candidatas non debe controlar o proceso non é nin difamación, nin utilizar un tema persoal.....es SENTIDO COMUN, como vai controlar o proceso de forma imparcial a parella sentimental dun dos candid@s?.....no canto de poñerse á defensiva e sentirse atacados porque vén o lobo, o que deberían é de coidar de corrixir eses erros denunciados
2- Finalmente o de que existen controis internos do partido que garanten a limpeza do proceso é cando menos xocoso.....comisión de garantías non resolveu nada no tema de machismo e acoso existente en Podemos Galicia, especialmente Podemos Vigo, e tampouco resolveu nada na denuncia das convocatorias de asembleas de forma ilegal (e por tanto os seus acordos inválidos) que se estiveron realizando en Vigo despois da dimisión do secretario xeral Jose Manuel Prieto

Por tanto parece irrisorio e lamentable que se aluda a sistemas internos de control cando non serven nin para controlar o correcto funcionamento do aparello do partido, por iso seria imprescindible que se realizasen unhas eleccións internas con votacións en urna e garantindo a igualdade de oportunidades entre os candidatos para ocupar devandito cargo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA