Temas: BNG NACIONALISMO

Quintana deixa o BNG, mais non o nacionalismo

O histórico dirixente do Bloque tramita a súa baixa porque non comparte "nin a forma nin o fondo" do proxecto político liderado pola UPG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A XV Asemblea Nacional do BNG deixou moitas feridas abertas e un clima insostible para algúns históricos militantes da fronte nacionalista, que se vén descompoñendo sen que a UPG —partido que mantén un duro control sobre o Bloque— atope a fórmula para revitalizalo. Á marcha xa anunciada de Carlos Ameyrich, a substitución de Xavier Vence e as ameazas de varios cargos e militantes de deixar o BNG, súmase agora un histórico desta coalición, o ex-vicepresidente da Xunta Anxo Quintana.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

Quinta deixa o BNG porque non se identifica xa neste proxecto político no que, di "a visión critica, en lugar de ser excepción, converteuse en norma", o cal foi para el síntoma de que estaba "ubicado no lugar equivocado". 

O ex-vicepresidente do bipartito di non compartir as formulacións políticas que mantén a día de hoxe a fronte nacionalista. Por iso, xa tramitou a súa baixa como militante. Segundo adianta La Voz de Galicia, Quintana di "non compartir, nin na forma nin no fondo, ningunha táctica e ningún dos obxectivos estratéxicos do proxecto político do BNG de hoxe".

Así llo comunicou á dirección do Bloque na súa carta de renuncia, enviada o pasado martes á responsable do BNG de Allariz, localidade da que foi alcalde antes de dar o salto á Xunta. Nela, Quintaba salienta que se dá de baixa do BNG, mais "non de nacionalista". E subliña que se ben non atopa ningún espazo político institucional co que se identificarse e desde o que exercer a súa militancia nacionalista, móstrase "disposto a colaborar sempre na construción nacional de Galicia".

Quintana non quere manterse no BNG por simples nostalxias do pasado. "A militancia nun proxecto político —di— non pode estar motivada só por sentimientos de amizade e recordos dos tempos pasados".

O pasado ano, Quintana volveu á primeira liña da política galega coa plataforma Somos Nós, coa que tenta abrir novos espazos de debate para o nacionalismo galego. 

Temas: BNG NACIONALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

20 Celso Xinzo

Tamén anda o afillado de Quintana o ex-senador Perez Bouza a pillar cacho nas Autonómicas en En Marea

19 liquidacionistas

Outro trepas, como os da FPG. A diferencia que este non se definia como independentista-marxista-leninista e os da FPG si, e o final demostran que son catro gatiños pelexados polo salario, como fixeron na RAG.

1 LKI

Non imaxino a ERC, Convèrgencia ou CUP atacando continuamente o Institut d'Estudis Catalans. Tampouco imaxino a EH Bildu ou ao EAJ-PNV vomitando bile contra Euskaltzaindia. O que queda do BeNeGá sodes os únicos "nacionalistas" do mundo que odian e denigran á Academia da lingua da súa propia nación.

2 Gaitas do Nalón

Erras profundamente. Critican non a Academia senón certas persoas indignas de estar en tal lugar. Aquí a Academia é coma todas as cousas de aquí (tvg, radio, federación "gallega" de..., e todas esas institucións). Hai xente decente e despois un montón de lixo acorde ao que é a sociedade. Na Academia hai ata franquistas así que.... Se esas institucións que nomeas de Euskadi ou Cat estiveran integradas por lixo tamén os criticarían eses que dis ti.

18 Eaorquestraseguetocando

Íamos refundalo e acabamos por refundilo

17 Comunista

Quedando só a UPG e a mini-UPG, soa a chiste de mal gusto que sigan a empregar expresións para nomear o BnG como "Fronte Patriótica" e, sobretodo, a de "Casa Común do nacionalismo". Sería máis axeitado para o que queda do BnG algo do tipo "Pacto Bipartito para o Reparto de Liberacións na CIG e Fundacións Afíns" (PBRLCFA), ou algo así.

1 pasinto

Sen dúvida, como e vai definir como fronte un espazo de máis de 6000 persoas onde 5000 son independentes. O de Fronte queda mellor á FPG cos seus 40 militantes. Todo unha fronte de masas (cara o salario da RAG e do Parlamento)

16 Oportunistas sen fronteiras

Agora que foise toda a "biutiful pipol" do BNG a confluir co inimigo españolista, queda pechada a zoa VIP.

1 eusi

Antes de escribir aprende as normas de como se fai en galego (xa non che pido educación porque iso mámase na casa, e ti vese que non recibiches cariño, polo que agora andas con rabechas contra todo o mundo): que a terra che sexa leve (e ao finado Bnjajaja tamén)