Temas: BNG NACIONALISMO

Quintana deixa o BNG, mais non o nacionalismo

O histórico dirixente do Bloque tramita a súa baixa porque non comparte "nin a forma nin o fondo" do proxecto político liderado pola UPG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A XV Asemblea Nacional do BNG deixou moitas feridas abertas e un clima insostible para algúns históricos militantes da fronte nacionalista, que se vén descompoñendo sen que a UPG —partido que mantén un duro control sobre o Bloque— atope a fórmula para revitalizalo. Á marcha xa anunciada de Carlos Ameyrich, a substitución de Xavier Vence e as ameazas de varios cargos e militantes de deixar o BNG, súmase agora un histórico desta coalición, o ex-vicepresidente da Xunta Anxo Quintana.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

Quinta deixa o BNG porque non se identifica xa neste proxecto político no que, di "a visión critica, en lugar de ser excepción, converteuse en norma", o cal foi para el síntoma de que estaba "ubicado no lugar equivocado". 

O ex-vicepresidente do bipartito di non compartir as formulacións políticas que mantén a día de hoxe a fronte nacionalista. Por iso, xa tramitou a súa baixa como militante. Segundo adianta La Voz de Galicia, Quintana di "non compartir, nin na forma nin no fondo, ningunha táctica e ningún dos obxectivos estratéxicos do proxecto político do BNG de hoxe".

Así llo comunicou á dirección do Bloque na súa carta de renuncia, enviada o pasado martes á responsable do BNG de Allariz, localidade da que foi alcalde antes de dar o salto á Xunta. Nela, Quintaba salienta que se dá de baixa do BNG, mais "non de nacionalista". E subliña que se ben non atopa ningún espazo político institucional co que se identificarse e desde o que exercer a súa militancia nacionalista, móstrase "disposto a colaborar sempre na construción nacional de Galicia".

Quintana non quere manterse no BNG por simples nostalxias do pasado. "A militancia nun proxecto político —di— non pode estar motivada só por sentimientos de amizade e recordos dos tempos pasados".

O pasado ano, Quintana volveu á primeira liña da política galega coa plataforma Somos Nós, coa que tenta abrir novos espazos de debate para o nacionalismo galego. 

Temas: BNG NACIONALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

15 Sesese

Todos cos chavistas. Viva hugo chavez frias

14 Gamela

Por favor, se GC entrevista a Quintana, poderíalle preguntar a quén se refería naquela Carta de Despedida na que Quintana falaba de non sei exactamente qué persoas sentadas nunha mesa na Coruña DECIDIRON non seguir adiante co proxecto NACIONALISTA (naquel goberno bipartito) ???

13 gandalf

12 Ziralla

Eu non te vou botar de menos. Os teus bailongos e paparotas con vellos e vellas e o teu tinglado do Consorcio, levaron a que o PP tivese maioría absoluta. Non volviches traballar de enfermeiro e segues a vivir do conto

1 valmoure

O PP gañou a maioria por traidores coma ti, que cuspes bilis dende un local comarcal da CIG.

11 nostrus

Para ser patriota no hace falta ser nacionalista, basta con querer lo mejor para tus compatriotas sin despreciar a nadie. El nacionalismo supone un patriotismo ebrio y sin control, uniformizar a la sociedad y hacerla comulgar con una serie de mantras. Lo importante es que la gente viva bien y haga con su vida lo que le de la gana sin estar atado a lo que hicieron sus antepasados ni dejarle dictado a las generaciones futuras lo que tiene que hacer. Lo importante son las personas y eso lo sabe C´s y lo sabe la agonizante UPyD, que por no bajarse de la burra le pasa lo mismo que al bloque. R.I.P. BNGe

1 Fora con este palhaso

o nacionalismo espanhol é unha marabilha, e o nostrus o seu profeta