Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/01/2025 | Actualizada ás 17:30
O xerente da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores, anunciou este venres a activación do plan de inverno para facer fronte, desde o plano asistencial, á subida das enfermidades respiratorias. Entre as medidas que contempla, están os reforzos nas quendas de persoal.
A través dun comunicado, a Xerencia explicou que na última semana rexistrouse un incremento da demanda asistencial nos servizos de urxencias de todo a área "debida, principalmente, a cadros de reagudización de pacientes crónicos e a casos de pneumonía".
Neste sentido, a área Sanitaria recoñece que están a aumentar os casos de gripe, aínda que "na actualidade soamente ao redor de medio centenar" de pacientes están ingresados tanto no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e no Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa.
Ante o incremento da demanda, a Xerencia procedeu a "reforzar as diferentes quendas de profesionais" dos servizos de Urxencias hospitalarias, en aras de "aliviar os picos de demanda" que se rexistran. En calquera caso, a Consellería de Sanidade destaca que está dispoñible ese plan de inverno que incide na campaña de vacinación, que se acaba de prolongar ata o 31 de xaneiro. A previsión é que o pico da onda de gripe chegue a semana do 20 ao 26 de xaneiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.