Besteiro e Caballero propoñen atrasar as primarias no PSdeG

O líder do PSdeG non aclara se se presentará como candidato á Xunta e di que un goberno entre o PP e o PSOE é "incompatible". O rexedor de Vigo cualifica de "raposos" aos alcaldes da Coruña e Santiago e José Blanco descartase como candidato.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/03/2016 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, propuxeron este domingo ao Comité Nacional do partido atrasar as primarias no seu partido para elixir o candidato as eleccións autonómicas deste ano. Os dous dirixentes son partidarios de que se aclare a formación do Goberno estatal ou a convocatoria de eleccións para que ningún partido poida influír na decisión do PSdeG.

José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa
José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa | Fonte: psdeg-psoe.org

"O proceso de primarias debe adaptarse en función de todo o que está a acontecer neste país", dixo o líder do PSdeG na apertura do comité para ratificar a súa proposta de "atrasar as primarias para elixir candidato á Xunta".

"Non deixemos que ninguén nos marque os nosos tempos, porque están a buscar que nós os teñamos que marcar cando eles non os marcaron aínda. Eu non coñezo ao candidato de ningún partido neste momento", dixo tamén Caballero durante a súa intervención nesta xuntanza celebrada en Santiago.

Aínda que estaba previsto que no Comité Nacional se marcara o calendario deste proceso de elección interna, Besteiro insistiu en esperar a coñecer o futuro da gobernabilidade no Estado, pois pode influír no calendario das autonómicas.

O líder do PSdeG destacou que, dada a "situación de inestabilidade" que se está vivindo no país e o momento "sensible" da gobernabilidade, "Galicia ten que ter un calendario propio" e as "eleccións" deben ser "o último no que traballemos", xa que agora é o momento de dar paso ás reivindicacións da cidadanía, en definitiva, "é o momento da acción política".

Nesa liña, reiterou a incompatibilidade entre o PSOE e o PP que son, dixo, "como a auga e o aceite"."Nin a dereita nin a esquerda suman maioría na cámara" polo que se necesita "un acordo transversal", suliñou.

Tamén cargou contra En Marea e Podemos, que non foron "capaces de ofrecer nada de Galicia en Madrid" e preferiron decantarse polo PP e situarse "no lado do non" á investidura de Pedro Sánchez para "volver tirar os dados" e ir novamente a eleccións.

Os "raposos" das mareas

Caballero reivindicou ademais, o "espírito das eleccións municipais" nas que o PSOE obtivo "moitas alcaldías e tres Deputacións" para non deixar que "os que teñen A Coruña e Santiago feitos uns raposos gobernen Galicia", sostivo en referencia ás mareas. Así, contrapuxo o seu modelo municipal co de Martiño Noriega ou Xulio Ferreiro.

Pola súa banda, o exministro e eurodeputado José Blanco declarou aos xornalistas que se descarta como candidato á presidencia da Xunta e reiterou que a súa "última estación" na representación pública é o Parlamento europeo.

Tamén o portavoz parlamentario do PSdeG, José Luís Méndez Romeu, preferiu non situarse sobre unha posible candidatura de Gómez Besteiro a estas primarias, pero insistiu en que "a esencia e o obxectivo" desas eleccións internas "é que haxa pluralidade de candidatos e confrontación de ideas".

Deste xeito, e a pesar de que a conformación do calendario das primarias quedou paralizada, na súa intervención Besteiro sinalou que terá en conta as opinións que este domingo se deron no seo do comité, ao que asistiron numerosos representantes da formación galega.

Neste sentido, o secretario xeral do PSdeG avogou por comezar a redacción do programa electoral para as eleccións autonómicas, que se estruturará en cinco partes fundamentais e que redactará unha comisión de coordinación.

Dita comisión estará integrada por cinco persoas, que son a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que se ocupará da área de Administración Local e rexeneración institucional; o deputado Abel Losada, asumirá o equilibrio territorial e infraestruturas; Obdulia Taboadela, a cohesión social e benestar; Xoaquín Fernández Leiceaga pilotará a área de emprego e economía sustentable, e Antón Louro, a parte referente a cultura e identidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 fantasma de rico

Din co político vello anda chamando os sociatas de Madrid día e noite pedindo disculpas polo proceder de Waldo das JONS, din que incluso arrastrase polo chan namentras xime (bubu - bubu) e tamen babea falando de ministerios de postiños, de deputados e senadores, namentras afirma a expañolidade eterna da Galiza... ofreceu de todo os PSOICOPATAS EXPAÑOLENTOS!

4 madremía

cualquiera que tenga DOS DEDOS DE FRENTE entenderá por qué REINA el pp en Galicia.

3 antonino

Menudo paiaso este Besteiro. Que mal fala o galego. O PDR SNCHZ da colonia galega.

2 Gamela

do alcalde de Vigo, case mellor non falar // https://www.youtube.com/watch?v=sng... este é un fenómemo que rematará -cando remate- tipo Marbella e coas folklóricas na cadea!

1 Gamela

Non creo nada... Pepiño dí que NON ? Veremos ! Pero deses que din que van faser o Projrama só vexo a un que saiba ler e escribir e chámase Leiceaga! O resto case mellor pasamos de aturalos un día máis cobrando do común!