Marcha polo dereitos das mulleres en Compostela

Os participantes defenderon o "exercicio dunha sexualidade libre e diversa" e unha educación afectivo-sexual "non determinista".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/03/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

"Feminismo para avanzar, xuntas na mesma loita". Con ese lema, centos de persoas participaron en Compostela nunha manifestación para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e defender os dereitos e liberdades das mullerees

Unha das protestas da Marcha Mundial das Mulleres
Unha das protestas da Marcha Mundial das Mulleres

"Uns dereitos que minguaron considerablemente estes últimos anos polas políticas do PP", denunciaron os convocantes da marcha, que rematou na Praza da Quintana coa lectura dun manifesto.

Nel, as feministas rexeitaron "un modelo heteropatriarcal de muller única, privada e doméstica, así como a invisibilidade e explotación do traballo reprodutivo e dos coidados". Tamén reclaman unha organización política, social e económica que poña no centro ás persoas, cunha "reorganización social dos coidados".

Os participantes defenderon o "exercicio dunha sexualidade libre e diversa" e unha educación afectivo-sexual "non determinista, non bioloxicista e igualitaria que garanta o libre desenvolvemento das identidades de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lila

150.00 asistentes. Hai que decilo todo.