Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2025 | Actualizada ás 19:38
O deputado do PP José Luís Ferro afirmou que "non hai constancia" a nivel documental de que se producisen mortes na illa de San Simón mentres foi cárcere e campo de concentración usado, en primeiro lugar, polo bando golpista na Guerra Civil e, a continuación, polo réxime franquista.
As palabras do deputado popular pola provincia de Ourense producíronse no debate dunha iniciativa sobre memoria histórica levada á Comisión 1ª do Parlamento de Galicia polo Grupo Socialista, que acusou aos populares de tratar de "reescribir a historia" sobre un lugar polo que se estima que pasaron 6.000 presos mentres foi usado como colonia penal entre outubro de 1936 e marzo de 1943.
"Que nós teñamos constancia tampouco sabemos, a día de hoxe pola documentación que existe, que houbese mortes na illa de San Simón, salvo abusos do director da prisión naquel momento, que foi pasado polo coitelo porque trataba mal aos presos", asegurou Ferro durante a súa intervención, na que criticou a Lei de Memoria Democrática por "impor un relato oficial que pouco ten que ver co relato histórico".
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
"DIVIDIR AOS ESPAÑOIS"
En todo caso, Ferro defendeu que a Xunta "cumpre" con esta normativa en vigor desde outubro de 2022 a pesar de que "non comparte o espírito" coa que foi creada e que ve na liña dun intento por parte do Goberno central presidido por Pedro Sánchez de "dividir aos españois" que, ao seu xuízo, desactivou o espírito de "concordia e convivencia" promovido por "os actores da transición". "Cando volva ese clima poderemos falar de moitas cousas, pero hoxe non se dá", engadiu.
Ademais, afirmou que o Goberno "non ten constancia" a nivel "oficial" da intención de declarar a illa de San Simón e o pazo de Meirás como espazos de memoria democrática e "tampouco sabe o que implica" esta consideración, solicitada por colectivos memorialistas e o Concello de Redondela no caso do arquipélago da ría de Vigo e que, segundo transcendeu, foi aceptada polo Executivo central.CRÍTICAS DO PSdeG
As palabras de Ferro provocaron a reacción do Grupo Socialista que, a través da deputada encargada de defender a iniciativa, Pomba Castro, censurou unhas afirmacións nas que aprecia un "ataque indiscriminado contra os valores democráticos e a convivencia política" dun PP ao que sitúa como "cómplice necesario da ultradereita" ao situarse contra "unha verdade histórica" como o uso de San Simón como campo de concentración polo franquismo.
Para os socialistas, o PP leva a cabo unha "interpretación parcial, nesgada e selectiva da historia" a través de "continuas incongruencias e inexactitudes" sobre a ditadura, á vez que lembran que a vicepresidenta do Parlamento, Elena Candia, amagó nun pleno con pedir a retirada dunha alusión a Franco como ditador pola deputada socialista Lara Méndez--.¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O BNG convoca unha protesta este mércores en Ferrol pola chegada da princesa Leonor: 'Nin pai, nin filla. Galicia non ten rei'
- Carme da Silva esixe a recuperación total dos servizos na 'Liña do Miño'
- Rueda saca peito do poder de Galicia no PP de Feijóo: “Escoitouse a Rianxeira... É a potencia que temos en España”
- Rueda insiste no apoio a Altri: "Esa é a política industrial que imos seguir se cumpren ambientalmente"
- O BNG acusa á Xunta de recortar "en 5 millóns" o Servizo de Axuda no Fogar: "Este é o mellor reflexo do estilo Rueda"
- Rueda defende darlle a Medalla de Ouro de Galicia a Leonor polo "agarimo sinxelo" que "a maioría do pobo galego sente"