Sen enfermeiras abondo na xinecoloxía do Cunqueiro

Unha “enfermeira en apuros”, agobiada polas queixas das mulleres ingresadas, colga unha faixa reivindicativa dentro das instalacións do hospital vigués.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/03/2016 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Un cidadán usuario do Álvaro Cunqueiro remitiu a GC unha fotografía que ilustra a precariedade de medios humanos no novo hospital público de Vigo. A imaxe está tomada na quenda de noite na zona do servizo de xinecoloxía.

“"Falta personal. Una sola enfermera para 29 pacientes en el turno de noche" reza a pancarta escrita sobre unha sábana das que suministra o SERGAS. A reivindicación está asinada por “una enfermera en apuros”.

O denunciante asegura que, tras atoparse coa faixa, preguntoulle a varios profesionais do centro. Unha enfermeira comunicoulle que na planta de xinecoloxía ás veces só había dúas enfermeiras, polo que se unha delas tiña que atender algunha emerxencia, quedaba só unha compañeira para atender a 28 doentes. Iso malia que nesta área aténdense casos tan delicados como embarazos de risco, post-operatorios ou imprevistos xinecolóxicos de todo tipo.

Dende a súa inaguración, o Cunqueiro acumula unha enorme cantidade de queixas por parte de doentes, familiares e dos propios profesionais do SERGAS. Construído mediante tirando de capital privado, son empresas particulares as encargadas da práctica totalidade dos servicios non estritamente sanitarios. O PSOE comprometeu esta semana que rescatará a concesión o Álvaro Cunqueiro no caso de chegar ao poder en Galicia.

Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro
Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galegotenerife

E de seguro que abrenlle espedente por uso indevido do material sanitario....

1 Xosema

Penoso. E non é so nese hospital.