A Xunta destina 750.000 € en propaganda para a Semana Santa

Turismo de Galicia inserta anuncios por un valor de 450.000 euros con contratos menores ou negociados sen publicidade, e 300.000 en axudas aos eventos festivos ou culturais dos concellos nestas datas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/03/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia continúa enchendo de cartos públicos de todos os galegos os petos dos grandes medios de comunicacións. Desta volta, serán 450.000 euros que se destinan a campañas publicitarias para promocionar os recursos naturais e culturais de Galicia durante a Semana Santa deste ano. Unha cantidade moi superior aos 300.000 que destinará, precisamente, para impulsar festas e actos culturais de interese turístico que se celebrarán nesas mesmas datas.

Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol
Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol | Fonte: Galiza artabra

Así, deste montante de diñeiro, Turismo de Galicia destinará 56.887,41 euros sen IVE á  inserción de espazos publicitarios no diario ABC, no suplemento dominical XL Semanal, e na web do diario ABC, medio do que é director o galego Rubido.

Tamén irán outros 43.969,93 euros sen IVE tan só para o xornal La Voz de Galicia, mentres que El Pais, a través do suplemento dominical El Pais Semanal e a web deste xornal percibirá 66.748,33 euros sen IVE.

Entre outros medios, a Xunta tamén sufragará con 34.905,95 euros sen IVE a emisión de cuñas publicitarias nas emisoras de radio Cadena SER, Cadena 40 e Cadena Dial e con 19.407,99 as emisoras de radio Cadena Cope, Cadena 100 e Rock FM.

Esta adxudicación aos medios faise a través de contratos menores ou negociados sen publicidade. Un sistema que utiliza moito Turismo de Galicia e que xa foi denunciado polo PSdeG. Recentemente, o seu portavoz parlamentario, José Luis Méndez Romeu, alertaba do número de contratacións se publicidade sobre a contratación de feiras pola S.A. de Xestión do Xacobeo en 2013, da que xa alertaba o Consello de Contas.

Feijóo con Nava Castro na promoción dun evento turístico
Feijóo con Nava Castro na promoción dun evento turístico | Fonte: Xunta.gal

O PSdeG utilizou este caso como exemplo dunha contratación na que a administración impón criterios subxectivos de “decoración, calidez ou efectividade” por enriba dos criterios económicos, e en contra das recomendacións do Consello de Contas.

Menos diñeiro que para eventos

Por outra banda, este diñeiro contrasta cos 300.000 que Turismo de Galicia destinará, precisamente, á impulsar as festas de interese turístico a través dunha serie de axudas ás que poderán optar aqueles municipios que organicen este tipo de celebracións, 101 en total.

E, curiosamente, parte deste diñeiro non o paga a Xunta, senón Abanca, a través dun convenio asinado coa Xunta para o apoio, promoción e difusión destes eventos.  Non poderán ser obxecto de subvención as celebracións que conten coa declaración de festa de interese nacional ou internacional ademais de autonómico.

Semana Santa

Unha condición que ten a Semana Santa de Ferrol, un evento para o que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, xa confirmaron a final do pasado ano que  “mantería o 100% do apoio á Semana Santa de Ferrol”, igual que nas edicións anteriores. Así, o Goberno galego encargarase de cubrir os gastos da promoción turística, como xa fixo nos convenios dos dous últimos anos cunha achega de 40.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 expaña cancro da Galiza

o entendo como promoción mais que deses medios ( o pais esta arruinado e entregado a forzas saudistas-yihistas, a coz da falsia esta en números vermellos, e o abc pouco menos pero sostido pola gran banca e pola monoarquia expañolenta) si se levantase xesus e ollase o que estan facendo no seu nome! O pobo esta sendo roubado esta sendo esquilmado... o pior e o caracter de expañol de cultura expañola, xesus non era expañol non levaba taparrabos coa bandeira expañola, eses anuncios son en expañol, os xornais reciben moitos cartos pero non publican nada en galego e os que escriben en galego estan marxinados non reciben nada! e unha vergonza o que estan facendo, estan deturpando as tradicions galegas, estan prostituindo a relixión cristia! expaña e o veleno....

1 expaña cancro da Galiza

o entendo como promoción mais que deses medios ( o pais esta arruinado e entregado a forzas saudistas-yihistas, a coz da falsia esta en números vermellos, e o abc pouco menos pero sostido pola gran banca e pola monoarquia expañolenta) si se levantase xesus e ollase o que estan facendo no seu nome! O pobo esta sendo roubado esta sendo esquilmado... o pior e o caracter de expañol de cultura expañola, xesus non era expañol non levaba taparrabos coa bandeira expañola, eses anuncios son en expañol, os xornais reciben moitos cartos pero non publican nada en galego e os que escriben en galego estan marxinados non reciben nada! e unha vergonza o que estan facendo, estan deturpando as tradicions galegas, estan prostituindo a relixión cristia! expaña e o veleno....