Amancio Ortega recibirá este ano 1.108 millóns e repartirá 37,4 entre milleiros de traballadores

Inditex acada unhas vendas mundiais de 20.900 millóns. Pablo Isla cualificou 2015 de “ano marca” en xeración de emprego e de fortes investimentos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/03/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os ingresos do fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega,  non paran de crecer. Ingresará este ano 1.108 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, fronte aos 961 millóns de euros que percibiu por este mesmo concepto o ano pasado. Una cantidade que contrasta cos 37,4 que repartirá entre os milleiros de empregados do grupo cun 'bonus' como compensación á súa contribución e ao crecemento da empresa.

Amancio Ortega, propietario de Inditex
Amancio Ortega, propietario de Inditex

O dono de cadeas como Dutti e Zara gañou o ano pasado o 15 % máis e supera, por primeira vez, os 20.000 millóns de euros de facturación, unhas cifras que o consolidan como o principal grupo de distribución téxtil do mundo.

En concreto, as contas de 2015, pechadas o pasado 31 de xaneiro, deron un beneficio neto de 2.875 millóns de euros e unhas vendas mundiais de 20.900 millóns, segundo os datos publicados este mércores polo grupo, cuxo presidente, Pablo Isla, cualificou 2015 de “ano marca” en xeración de emprego e de fortes investimentos.

Así, logrou manter as distancias co seu rival máis directo na loita polo centro da moda mundial, o grupo sueco H&M, cuxas vendas roldaron os 19.500 millóns e o beneficio os 2.250 millóns.

En España, o incremento de vendas foi do 8 %, segundo Isla, quen rexeitou valorar o impacto que está a ter no consumo e na economía a situación de incerteza política, aínda que recoñeceu "entender a inquietude".

O ano pasado, Inditex xerou 15.800 postos de traballo, 4.120 deles en España, e pechou o exercicio cun persoal total de 152.854 empregados. No últimos tres anos, a firma contratou a 7.000 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bangla Desh

Que noxo de home