Aumenta a facturación das empresas de automoción, metalmecánica e transporte

Asime prevé un crecemento do 3% na facturación do metal galego.

Por GC Emprende | Compostela | 10/03/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) prevé un crecemento de facturación do 3% global do sector en Galicia, cun aumento nas actividades relacionadas coa automoción, metalmecánica e transporte e cunha "lixeira recuperación" da naval, marítima e as estruturas metálicas.

Guindastres no porto da Coruña
Guindastres no porto da Coruña | Fonte: wikipedia

Este sector tivo un incremento da facturación do 7,64%, situándose en 13.898,2 millóns de euros, mentres que o número de ocupados en 2015 foi de 63.254, supondo un aumento dun 14,37% con respecto ao ano anterior. O sector metalúrxico representa o 16% do PIB galego e o seu crecemento basease na internacionalización, a tecnoloxía e a formación.

Son datos que aportou o seu presidente, Julio Gómez, con motivo da celebración da asemblea xeral ordinaria da asociación, na que se informou aos membros sobre asuntos e proxectos de interese como a aprobación das actividades e as contas de 2015 e o orzamento para 2016.

Antes da asemblea xeral, o presidente de Confemetal e Cepyme e vicepresidente da CEOE, Antonio Garamendi, avogou por que o 20% do PIB sexa industrial, xa que "a industria implica emprego, innovación e internacionalización".

Tamén reparou nas dificultades ás que se enfrontan as empresas e apostou por fomentar a innovación, as novas tecnoloxías e a formación, xa que "todos os aspectos afectan á competitividade das empresas".

Porto de Vilagarcía
Porto de Vilagarcía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta