Chega o primeiro libro da historia de tattoos en Galicia

É froito dun proxecto de participación social no que colaboraron centos de persoas que enviaron fotografías de tatuaxes en galego ou de tema galego para o Concurso "Galiza á flor da pel".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

"Tatos da Galiza". Ese é o título dunha publicación de fotografías de tatuaxes que fai historia do noso país, ao ser a primeira destas características que se publica.

Tatuaxe en galego do proxecto Galiza a flor da pel
Tatuaxe en galego do proxecto Galiza a flor da pel

A obra recolle máis de 200 fotografías con tatuaxes en galego que o Club da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces foi agrupando a través da rede social, conseguindo reunir umha ampla gama de deseños en galego ou de temática galega, desde petróglifos ou sereias de Castelao até versos de Lupe Gómez, Maria Rosendo ou deseños de Leandro Lamas.

O libro é froito dun proxecto de participación social no que colaboraron centos de persoas que enviaron fotografías de tatuaxes en galego ou de tema galego para o Concurso "Galiza a flor da pel". A súa materialización foi o resultado dun proceso de micromecenado impulsado polo Club da Lingua deste centro, a Fundación Uxío Novoneyra e ITH Crowdfunding, e a súa publicación foi posíbel grazas á participación de máis de 150 mecenas.

"Entre muita gente conseguiu-se fazer visível umha coleçom de fotos de tatoos esteticamente mui fermosa e eticamente vinculada a princípios de justiça social. Toda umha obra de arte e de comunicaçom coletiva fruto dum proceso de participaçom social intenso e cheio de emoçons", explican desde o Club da Lingua.

"Esta é umha iniciativa sem ánimo de lucro, o Clube da Língua fai as atividades que fai porque é umha obriga dos Equipos de Normalizaçom Lingüística dos centros de ensino trabalhar a favor da normalidade social da nossa língua", engade. Segundo Marcial Gondar, o proxecto Tattoos da Galiza "busca formas actuais da identidade galega, o que lhe dá vitalidade, fazendo dialogar passado e presente".

O libro tamém conta coas palabras do deseñador gráfico Pancho Lapeña que asegura que "é umha boa radiografía de como está o deseño identitário na Galiza".Pódese conseguir no Ies Marco do Camballón, na Libraria Lila de Lilith, en Compostela e na Libraria Alvarellos de Lalín. Tamén na Internet a través deste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta