Temas: PONTEVEDRA

A xustiza da UE condena a España por non depurar ben as augas da Ría de Pontevedra

O Estado non presentou ningún argumento tras a denuncia da Comisión sobre os vertidos na zona Pontevedra-Marín-Poio-Bueu.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 10/03/2016 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea sentenciou este xoves que o Estado incumpriu as normas de tratamento das augas residuais urbanas na aglomeración urbana de Pontevedra-Marín-Poio-Bueu. En concreto, a sentencia indica que a Administración “non garantizou o tratamento adecuado de todas as augas residuais urbanas vertidas en zonas sensibles”.

Conclúe así un preito lanzado pola Comisión Europea - o Goberno da UE- denunciando a España por non depurar as augas dentro do prazo e cos requisitos esixidos nunha directiva de 1991.

En concreto, sobre Pontevedra, o Tribunal sinala que o Estado incumpriu a súa obriga de realizar un tratamento secundario as augas antes de vertelas de acordo a certos parámetros fixados no artigo 4 e no artigo 5 da citada da Directiva 91/271/CEE. Nas súas alegacións, a administración española nin sequera cuestionou os argumentos da denuncia inicial da Comisión sobre a Ría de Pontevedra.

EDAR de Praceres, depuradora de auga no fondo da Ría de Pontevedra
EDAR de Praceres, depuradora de auga no fondo da Ría de Pontevedra | Fonte: iagua.es

Temas: PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta