Pilar de Lara volve imputar a Besteiro por seis delitos

A xuíz acúsao de suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás Administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de caudais públicos durante a súa etapa como presidente da Deputación de Lugo pola xestión dun programa europeo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/03/2016 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Operación Pulpo. Ese é o nome do novo sumario aberto pola xuíza Pilar de Lara que acaba de chamar como investigado –o que antes se coñecía como imputado-- ao secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Besteiro, ao que esta mesma xuíz mantén outra imputación no coñecido como Caso Garañón.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

Desta volta, a xuíz acúsao de suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás Administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de caudais públicos durante a súa etapa como presidente da Deputación de Lugo pola xestión dun programa europeo, o coñecido como Kilómetro 0.

A titular do xulgado de Instrución número 1 de Lugo citou a declarar o 11 de maio en calidade de investigado, ademais de Besteiro, a outras seis persoas, entre elas, numerosos colaboradores directos, funcionarios e ao empresario Raúl López, dono de Monbus, o maior grupo galego de transporte de viaxeiros por estrada, tamén imputado na Operación Cóndor.

Pilar de Lara cree que estas persoas están implicadas no desvío de fondos procedentes da Unión Europea durante o período en que o líder dos socialistas galegos era presidente do organismo provincial. No seu auto, a maxistrada fala de "contratación ilícita", "manipulación de concursos", "outorgamento fraudulento de subvención sen xustificar" e "desviación de fondos e caudais públicos a fins distintos dos regulados".

A xuíz denuncia gastos "sen ningún tipo de límite" de diñeiro público, en cantidade moi superior a "a contía destinada a sufragar necesidades sociais moito máis imperioso". O caso abarca, de momento, 15 tomos dos que se abriu o segredo parcial de 14. 

José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa
José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa | Fonte: psdeg-psoe.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Garçao

Unha inxustiza. Esta e tódolos xuices unicamente teñen que imputar aos do PPodres.