Guerra de gasolina na fronteira

Alerta en Portugal pola fuga de condutores que cruzan a fronteira para encher carburante. O ministro de Economía luso pide aos portugueses que non fagan iso porque “están pagando impostos en España e non en Portugal”.

Por Galicia Confidencial | Tui | 14/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Portugal está a perder millóns de euros en impostos de carburantes, sobre todo, polos centos de condutores que todos os días cruzas a fronteira para encher de carburante os seus vehículos, debido o prezo máis elevado do país veciño.

Vehículos portugueses enchendo nunha superficie comercial preto da fronteira
Vehículos portugueses enchendo nunha superficie comercial preto da fronteira

Por iso, o ministro de Economía de Portugal, Manuel Caldeira Cabral, pediulle aos seus cidadáns que non crucen a fronteira para encher de carburante os seus vehículos  xa que o "contexto orzamentario" luso poderase resentir se baixa a recadación tributaria.

"Estamos no contexto orzamentario que é o que é... E hai que traballar con el en todo o país", lembrou Caldeira, en alusión a que unha caída na recadación do imposto poderá contribuír a violar as ríxidas normas de déficit da Unión Europea.

Desde o pasado 12 de febreiro, está en vigor en Portugal un imposto que grava a gasolina e o gasóleo con 6 céntimos por litro, taxa que xerou a protesta do sector dos provedores de combustibles e dos transportes.

Por cada euro de combustible, un 70 % son impostos, segundo portavoces do sector de transportes, que indicaron que en España esa taxa tamén é elevada, aínda que 10 puntos porcentuais menor que en Portugal.

Ao pór carburante en territorio español moitos portugueses están a pagar impostos en España. Temos que pedir aos portugueses que non o fagan", dixo Caldeira Cabral na canle pública de televisión RTP.

"Preocúpanos a cuestión da competencia na fronteira. Portugal ten condicións fiscais diferentes a España e temos que preocuparnos. Impostos que, no canto de pagarse en Portugal, páganse en España, onde hai unha taxa lixeiramente máis baixa", engadiu o ministro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eusi

Unha visión realmente pitoña dun ministro que non sabe por onde anda: se eses clientes aforran na gasolina poderán gastar mais diñeiro en Portugal indo máis a restaurantes, por exemplo, ou pagando os libros dos fillos que non lle financia a administración, e poderia seguir inifinitamente.

1 Cachamuiña

O sábado botei uns litros de gasolina no Intermaché de Áncora a 1.27€ pero nas outras estaba a 1.37€... como non van vir botar sulfa a nosa terra se aforran moitos euros en cada depósito??