Podemos no Estado non impedirá que En Marea se transforme nun partido

Malia o apoio outorgado hoxe por Errejón, a conversión da confluencia nun partido ten que salvar aínda escollos ideolóxicos e económicos relevantes.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 13/03/2016 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

“Cuestión secundaria” de índole formal. Así valorou Íñigo Errejón a proposta de que En Marea se transforme nun partido.

Íñigo Errejón no centro nunha reunión cos mariñeiros do cerco
Íñigo Errejón no centro nunha reunión cos mariñeiros do cerco

Apelando a autonomía do "espacio político propio" de Galicia, o aparato estatal de Podemos dá deste xeito luz verde ao plan trazado pola confluencia galega e que Xosé Manuel Beiras quere implementar ante a eventual repetición das xerais. O líder de ANOVA cre que coa transforamción da coalición do seu partido, ANOVA, Podemos e as mareas locais nun partido -aínda que non se disolvan as outras organización- estaría solventando o escollo que impediu a En Marea ter grupo propio, como comprometera na campaña do 20D.

Para o número 2 de Podemos en España o fundamental é que “En Marea siga sendo quen de atraer a esa maioría social que pide un cambio nas institucións” e “o xeito de concurrir ou a fórmula xurídica” resulta unha “cuestión secundaria”. Son palabras de Errejón tras visitar aos mariñeiros do cerco.

Queda claro que para Podemos, polo menos a nivel estatal, a clave é botar ao PP do poder. Agora ben, está por ver quen gaña nas primarias de Podemos Galicia.  O líder dos críticos, o actual secretario xeral, Breogán Riobóo, mostrouse crítico co protagonismo dos nacionalistas de ANOVA na pasada campaña. 

O compromiso de transformar En Marea nalgo máis formal xa figuraba no acordo para as pasadas eleccións xerais. De feito, é unha reinvidicación pública dende hai meses do Encontro por unha Marea Galega -a plataforma que participou na coalición- e de partidos pequenos como Espazo ou Equo. Con todo, é o fracaso da consecución do grupo parlamentar quen meteu presa a a algúns dos actores da confluencia. 

A eventual transformación da confluencia en partido non será en ningún caso doada. Por exemplo, ten que solucionar primeiro cuestións ideolóxicas básicas (por exemplo ANOVA considera o dereito de autodeterminación unha prioridade, mentres que Podemos non)  e tamén económicas (hoxe os cartos logrados polo éxito electoral repártense en tres partes iguais entre EU, ANOVA e Podemos e se hai un partido 

cómpre pactar un novo reparto).

Chegar a un acordo sobre estas cuestións require tempo. Tempo que pode escasear se, finalmente, o PPdeG adianta as eleccións autonómicas para que coincidan coas posíbeis eleccións xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 vieiras cotorro expañuelo

O sexa que -vieiras vai ser o xefe de podreiros... e podreiros vai ser merdeya.... entonces -vieiras vai ser dirixente de expañol de patriotismo de bandeira monoarquica (desde as eleccións as infames e miserentas republicanas co cor mourado de castela xa nin as vemos por ningures por orden de Waldo das JONS) O -vieirismo e waldo das JONS e o que pretende un partido sin circulos, sin dirixencia local galega, todo para expañol para waldo das JONS e o seu representante no anexo o traidor "da comunista falsaria" o conde-duque de -vieiras o señorito da reboraina... señorito pacego como lle gusta decir o propio elemento!

1 teutonio

Mimadriña, non te cansas de poñer sempre as mesmas barrenadas desde hai anos?

4 bautista do unto

Veña upegallos A LADRAR

1 Trocomotxo

De momento aquí o único que ladra es ti. Ao mellor podes dar unhas clases. Pagadas claro porque parece que tes necesidade.

3 pasinto

FPG a pelexar polas liberacións que agora xa non lles chega coas da RAG. A ver se queda algunha para o Chovi, que o moi pringado apenas cobra o salario mínimo por actuar de troll.

2 Mirar gallegos

Donde está la bolitaaaaa?

1 Man

Claro seredes un partido de Podemos , para apoiar a Iglesias presidente non pra sacar proveito pra os galegos.A vosa xente en Galicia apoia ao galego como lingua secundaria e sometida, vamos si vos falan galego facedes un esforzo e o falades , e decir facedes coma o Psoe , sodes socialdemocratas disfrazados de rupturistas, e de ruptura nada de nada,, acabachedes apoiando ao Psoe en todos sitios, pero cando o facedes vos está ben , cando era IU ou Bng estaba mal,, confundides cabreo con esquerda e non é o mesmo.En postureo e espectaculo sodes os mellores non hai dubida.