Pontevedra, primeiro municipio galego que retira a bandeira da UE

O BNG, ou polo menos parte del, comeza a predicar co exemplo. Pontevedra será o primeiro concello galego que arriará este martes a bandeira da Unión Europea.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/03/2016 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O Bloque empezou a semana pasada a presentar en municipios de todo o país esta proposta. Fíxoo, por exemplo,  que trascendera publicamente, tamén na Coruña e Lugo. Os nacionalistas queren denunciar así o plan da Unión Europea e Turquía. Bruxelas teima en expulsar masivamente aos emigrantes que están a entrar na Unión Europea fuxindo de guerras -especialmente a de Siria- e que, polo tanto, teñen dereito a solicitar asilo político. 

Casa consistorial de Pontevedra
Casa consistorial de Pontevedra | Fonte: wikipedia

O goberno de Fernández Lores (BNG) en Pontevedra anunciou este martes que retirará a bandeira da UE de todos os edificios municipais. O PSOE local criticou a iniciativa. "O que fará mañá Lores é tan estúpido como arriar a bandeira galega cada vez que non esteamos de acordo con algunha medida posta en marcha pola Xunta ou polo Parlamento galego", responderon os socialistas. É máis, o voceiro local Agustín Fernández cualificou a medida como propia dun nacionalismo “rancio e eurófobo”.

Polo de agora non se ten noticia que ningún outro municipio dos que goberna o Bloque secundase esta proposta. O uso da bandeira da UE non está regulado específicamente por ningunha Lei. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 John McNamara

Os mesmos que critican que o nacionalismo non sirve porque non se pagan as facturas e non dá de comer, os memos que aplauden os bicos e dar de mamar no Congreso, critican esta iniciativa polo lesivo que é a UE con Galiza, porque non dá de comer, non se pagan as facturas e porque sen o desenvolvemento non se pode realizar políticas de xustiza social. Adiante BNG.

8 Uncalquera

O concello da Coruña tamén arriou a bandeira da UE, tamén estará gobernado pola UPG claro...

7 Loures

Unión de Parvos Galegos

6 qr3c

Memez bloqueira, Lores se non chega a ser polas axudas da UE non seguiría a ser alcalde...

5 Hiato

Outra estupidez upegalla. A este paso só deixarán a bandeira da UPG