Riobóo tende a man a Carmen Santos nas primarias de Podemos Galicia

A xestora anima a participar aceptando que “somos fortes porque somos diversos”. O actual secretario xeral busca alianzas e promete formará o 75% a súa candidatura a través de votacións na rede.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2016 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Hoxe comeza o proceso que culminará o 12 de abril coa proclamación dos novos órganos autonómicos de Podemos. O partido morado agarda pechar a súa crise interna en Galicia nun momento clave para o seu futuro.

Presentación da candidatura Decide Galicia que lidera Breogán Riobóo
Presentación da candidatura Decide Galicia que lidera Breogán Riobóo | Fonte: @rebefer_

Os inscritos de Podemos Galicia poderán escoller entre tres candidatos. O actual secretario xeral, Breogán Riobóo, é o lider do sector crítico con Madrid. A deputada Ángela Rodríguez pode considerarse como a máis ‘oficialista’ das candidaturas. A alternativa dende fóra do aparato represéntaa a viguesa Carmen Santos.

Precisamente hoxe Riobóo tendeu a man a Carmen Santos para sumar forzas. “Esta candidatura está aberta a calquera persona, incluída Carmen Santos ou os que colaboran con ela, para que participen en asembleas e do proceso de preprimarias, e se presenten se queren ao mesmo e que, conxuntamente, poidamos construír a organización que queremos”, declarou na presentación da súa candidatura, co nome “Decide Galicia, coa voz da xente”

Menos conciliador mostrouse con Rodríguez, a quen cualificou de “paradigma do que non debe representar Podemos” debido a súa “acumulación dos cargos” por ser parlamentaria e ter cargos orgánicos en Podemos Pontevedra e no finiquitado Consello Galego.

Unha das propostas de “Decide Galicia” é unha persoa, un cargo. Riobóo está enfrontado políticamente cos cargos de Podemos Galicia nas cortes tras o seu cuestionamento da campaña electoral e as críticas ao nacionalismo. 

Esta candidatura presentou hoxe en Santiago un sistema de “preprimarias” para que calquera persona da organización poida presentarse como parte da sáu candidatura. Vótase a través dun “Doodle” e así Riobóo espera formar até o 75% da súa lista.

Por outra parte, dende o Equipo Técnico (a xestora elixida dende Madrid tras a crise interna) destácase a necesidade de que “o intercambio de ideas e de perspectivas se produzan desde o respecto entre compañeiras” malia posíbeis “posicións puntuais diverxentes”. Agora ben, a xestora tamén reclama “discrepancia construtiva” dado que “somos fortes porque somos diversos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Waldo das JONS DICTADOR

agora Waldo das JONS esta cortando mais cabeza, non e un invento de Rioboo, Rioboo non esta tolo, os tolos son ben outros certo señor maior con pinta de nigromante e meigo negro, que pretende ser o xefe da xunta da malicia, SI SI O CHAMADO -VIEIRAS! agora vemos mais victimario de Waldo das JONS (Sergio Pascual) foi degolado de orella a orella... nin nova política, nin asamblearismo nin liberdade nin voto, non descontrol absoluto tanto de Waldo das JONS como de -vieirita, engañaron a moitos, dixeron liberdade pero eran dictadura... O LATEGO VOLTOU A REBORAINAS!!!! SI QUEREN SABER O QUE ERA O FEUDALISMO VAIAN A CASA -VIEIRAS....

3 Antonino

Lobeira e Pontón teñen relacións sexuais? Sempre me lembraron a Txapote e Amaia...

2 Antolín o dos Cubatas

E Lobeira-Pontón, Duarte-Montse

1 Eudogio

A culpa é do BNG.

1 Superdotado

Rioboo nunha punta e a súa mamá na outra

1 Gamela

bueno, no BNG tamén hai moita familia... Vence-Nogueira?

2 anonimo

A culpa é do BNG.