Temas: ABANCA RURAL

Abanca xestiona a domiciliación da metade das axudas da PAC en Galicia

A entidade galega pon a disposición de agricultores e gandeiros dende esta semana máis de 200 expertos na tramitación das solicitudes da Política Agraria Común (PAC).

Por GC Emprende | A Coruña | 16/03/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Abanca lidera a tramitación e domiciliación de axudas de la Política Agraria Común (PAC) en Galicia. En 2015, a entidade financeira galega tramitou case un terzo das solicitudes de axuda rexistradas na Comunidade. En domiciliacións, a cota alcanzou o 47%.

Oficina de Abanca
Oficina de Abanca

Na última campaña da PAC, Abanca xestionou nas súas oficinas 11.778 solicitudes de axuda, dun total de 35.865 rexistradas en Galicia, o que representa unha cota próxima ao 33%, moi lonxe da segunda entidade bancaria que tramita estas axudas.

O banco xurdido de Novagaliciabanco ten unha posición aínda máis ventaxosa na tramitación das subvencións europeas. Case a metade das axudas, o 47% do total, domiciliáronse en oficinas da entidade financeira galega.

Esta entidade, a través da súa unidade de negocio Abanca Agro e Mar, ampliou este ano o dispositivo especial para a xestión das axudas da PAC que pon en marcha cada primavera nas oficinas das zonas rurais das catro provincias galegas e de León, coincidindo co inicio da convocatoria. O banco puxo a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 200 xestores especializados na xestión das axudas. Estes empregados, algúns dos cales foron contratados ex profeso para a campaña, recibiron no seu conxunto máis de 1.700 horas de formación específica sobre as subvenciones da Política Agraria Común e a súa tramitación.

As solicitudes poden tramitarse en ABANCA dende esta mesma semana, ao estar xa dispoñibles as aplicacións informáticas da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León que se utilizan para o rexistro destas subvenciones. O período oficial de solicitudes prolongarase ata o 30 de abril.

Temas: ABANCA RURAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta