Denuncian unha viaxe a Sicilia de afíns ao PP pagada con fondos públicos

O PSdeG acusa á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, de organizar unha viaxe na que só había unha persoa relacionada cun proxecto de voluntariado e oito que eran afíns do Partido Popular, entre eles, familiares e parellas sentimentais de concelleiros de Melide.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/03/2016 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou este xoves á actual conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, de ter organizado, como alcaldesa de Melide e coincidindo co seu nomeamento como conselleira, unha viaxe a Sicilia para afíns ao PP con cargo a fondos públicos.

O PSdeG denuncia que militantes do PP do PP foron a unha viaxe a Sicilia pagados con cartos públicos
O PSdeG denuncia que militantes do PP do PP foron a unha viaxe a Sicilia pagados con cartos públicos | Fonte: PSdeG

Gallego preguntou en Comisión parlamentaria por esta viaxe celebrada en outubro de 2015 e mesmo amosou unha fotografía na que se pode ver a distintos dirixentes do PP. Unha comitiva, a gastos pagos, conformada por oito persoas que “non tiñan nada que ver co obxectivo da viaxe”, no marco dun programa europeo de acción local de voluntariado agás a súa relación estreita cos dirixentes do PP.

Nesa comitiva só había unha persoa relacionada con ese proxecto de voluntariado, que era un voluntario de Protección Civil e a concelleira de Xuventude e actual alcaldesa, Dalia García, en substitución de Ángeles Vázquez, daquela “centrada en organizar o seu traslado a San Caetano”.

Sen embargo, e segundo o PSdeG, si que se incorporou á viaxe un membro da Garda Civil mozo da concelleira, unha sobriña da secretaria da conselleira de Medio Rural e o presidente e un membro da Asociación de Hostalería a cargo de fondos europeos.

A viaxe supostamente pretendía afianzar o irmandamento coas agrupacións de Voluntariado da vila siciliana de Santa Teresa di Riba, a letona de Amata, a francesa de Fuveau e a galega de Melide. “Pero esta última incluíu unha delegación case na totalidade allea ao mundo do Voluntariado e excluíu aos 8 voluntarios da vila que participaron no verán de 2014 no programa de voluntariado Melide no Camiño”, criticou.

Participación da Xunta

A deputada socialista preguntou pola relación do goberno galego, e en concreto da Dirección Xeral de Xuventude, coa organización da dita viaxe, tal e como explicaba o propio Concello de Melide en outubro de 2015 de cara aos medios de comunicación. Explicou que “aínda que a Xunta non cofinancie nada, si que xestiona ese tipo de fondos europeos”.

Gallego respondeu así aos intentos da directora xeral de Xuventude por desvincularse da viaxe sen dar resposta ás preguntas dos socialistas, logo de que o Concello de Melide respondera con evasivas sen ofrecer ningún tipo de explicación e o propio goberno galego deixara sen responder as preguntas escritas presentadas polo Grupo Socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 San Rocco

Estes da Foto (menos o Curras)- e faltaría a Inútil da Anxeles Vazquez -deben ser todos Fillos Bastardos de D. Eladio, como mínimo....que vergoña para Melide....non queramos caldo?...pois.......

4 Antinostrus

Endexamais entendín como os Melidenses non lle renovaron a confianza á Mellor Alcaldesa que tiveron nunca: Soqui.....agora a aturar a estes Descerebrados e aproveitados Pousafoles (o mellor de cada casa, vamos) "per saecula saeculorum....e que sarna con gusto........só lles falta o Nostrus de Palanganeiro e Mamporreiro Oficial...

3 Noxo de xente

E evidente que Xoan e o único que val algo xa non so como persona senon como voluntario. O mozo da outra arrimase a ela ahora q e algo! Porque a prepotencia lo lucas e sabida por todos o igual ca da alcaldesa. Ven dito e todo queda en casa! Vacaciones Santillana pagadas por nos!

2 Melidense da Vila

O Curros (e falo con coñecimento de causa) é o único que val algo....os demais, os típicos pringaos que non teñen onde caer-se mortos (guarda sivil incluido) e se arriman ao sol que mais ppquenta.............................. por eso ao lado desta basca de borde lines (faltaría, aínda, o borrachuzas do Nebril) a Angeles ou o Feixxo parecen premios nóbeles de física.........

1 frijoles barco neve

en sicilicia teñen mafia e droga... miren si o presidente frijoles incorporouse o viaxe, a pasar o finde, tomando o lorenzo diante do etna... o mellor esta buscando o retiro nesas terras, onde a fariña e producto de exportación... ultimamente na telegaita parece que ten algo de resfriado nasal...