Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 09/02/2025 | Actualizada ás 14:00
Eres amante do coleccionismo? Gústanche as antigüidades? Entón, de seguro que en Casa Histórica Cambados (@casahistorica_cambados) non te vas aburrir. Esta vivenda de estilo barroco construída arredor do ano 1780 vinculada ao Pazo de Fefiñáns alberga no seu interior auténticas xoias de colección froito da recopilación ao longo de seis xeracións de todo tipo de obxectos. Dende culleriñas ata cámaras de fotos, teléfonos, radios, sombreiros... Aínda que, sen lugar a dúbidas, se hai unha colección que destaca sobre todas as demais, esa é a de bastóns. A día de hoxe podemos afirmar que se trata da colección de bastóns máis grande de Galicia, con máis de 180 pezas minuciosamente coidadas e expostas ao longo das escaleiras que unen as diferentes plantas da vivenda. Como nos conta ao Galicia Confidencial Elena, a súa propietaria, a maioría destes bastóns non tiveron utilidade, senón que foron mercados con fins decorativos pola súa singularidade. Acompañádenos nesta exploración, na que descubrimos un bastón co pau feito con cartilaxe de tiburón, outro con pene de touro e outro que agocha un sabre no seu interior. Explótanos a cabeza!
Colección de bastóns da Casa Histórica de Cambados | Fonte: @casahistorica_cambadosVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Colección de bastóns da Casa Histórica de Cambados | Fonte: @casahistorica_cambados¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Unha farmacia centenaria no corazón do Toural... e segue aberta
- A Xunta insistirá ao Museo Marès de Barcelona para devolver dúas esculturas do mosteiro de Carboeiro
- Denuncia uso de maquinaria pesada nun xacemento único de hai máis de 3.500 anos na Mariña
- "A protección do patrimonio en Galicia é axeitada, aínda que sempre hai marxe de mellora"
- De como Vigo puido ser colonia británica a cambio de vencer a Franco
- O convento de Santa Clara, en Pontevedra, é moito máis antigo do que se cría e xa tiña no século XIV tres edificios