Os concellos da área de Santiago estrean novo modelo para o trato dos animais

O refuxio de Bando, en Santiago, contará con máis orzamento e nova dirección para tentar evitar a situación de colapso actual.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/03/2016 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O padroado da Fundación Refuxio de Animais acordou un novo modelo de funcionamento para as instalacións Bando, en Santiago, e abriu un período máximo de tres meses para achegar propostas.

Voluntarios no Refuxio de animais de Bando, en Santiago
Voluntarios no Refuxio de animais de Bando, en Santiago | Fonte: blogdeproyectogato.blogspot.com

Deste xeito, o refuxio contará con máis fondos e con nova dirección que, a diferencia do que acontecía agora, dividirase en dous cargos que se encargarán da xestión económica e das xestión laboral. O obxectivo é evitar a situación de desorganización que, segundo o Concello de Santiago, existía ata agora.

Por iso, a actual directora do centro será relevada e a fundación abre un novo período de tres meses para atopar os seus substitutos.

Na reunión celebrada este martes, os integrantes do organismo coincidiron en que o funcionamento é mellorable e en que o actual modelo de xestión está caduco, á parte de pór de manifesto a necesidade de conseguir fondos, máis aló das achegas dos municipios.

A concelleira de Benestar Animal en Compostela, Noa Morais, explicou que este ano o Concello achega un total de 170.000 euros, 35.000 máis que o pasado; Teo, 30.000, e Vedra 8.000 euros, mentres que a Deputación da Coruña colabora con 28.000. En todo caso, a edil expresou que entende que son necesarias máis axudas e tamén do sector privado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Judith

JAJAJAJA Esta noticia é a proba do moito que se fala do Refuxio de Bando sen coñecelo. Copio pe de foto: "Voluntarios no Refuxio de animais de Bando" cando en realidade na foto saen alguns voluntarios do Refuxio visitando 'proyecto gato' en Vigo. A destitución da directora? Un capricho de Noa Morales que lle vai saír caro a CA e os Composteláns, 50 000€ por despido improcedente. Si, improcedente, por que non a despiden por mala xestión se non por 'perda de confianza'. Máis o que lles costou o informe xurídico, suma e sigue. Tirando cartos. En tres meses van a ter un novo proxecto? E non sería máis intelixente buscar un novo proxecto antes de destituír a ninguén? Que van a copiar o de Zaragoza como abanderan algunhas asociacións? Que por certo é privado e sae máis caro... Pobres meus máis de 400 cans e gatos... Politizados e sen poder votar...

1 Hermerico

Se és umha das "ireductíveis" voluntárias que nom marchou a ajudar as protectoras em vez de aturar a pirada da Paloma no seu corredor da morte, ti verás. Mas adoptar o discurso do PPSOE e dos parvos do BNG é que nom che importam nada os animais. Eu sim conheço bem o que se passa em Bando. Há que botar essa tipa a qualquer preço. Falar de dinheiro é misserável, como o mi bécil do alcaide de Vedra e os seus colegas de Compostela. Dinheiro há de sobra, nom há mais que ver em se se desvalde . Pobres cans e gatos, só tenhem as protectoras para os defender, e em contra @s subdit@s de Paloma, o ppsoebng, os falsimedia, a gente em geral, que lhe importam um cara lho os animais

3 Maruxa Laiño

Cacicada de Compostela Aberta pra colocar aos seus amigos, puro estilo Baltar.

1 eusi

Xa che gustaria...botar m_rda pola boca que fácil é e sai gratis non si? Mamarracha!

2 sobrado

¿cando o premio a un cazador? debe ser q os cazadores nn pagamos impostos, haber se hay para todos

1 Tonecho Llosada

Eu me como todos os animais.