Temas: FRASEOLOXíA

“Tírate ó mar e di que caíches”, unha das secuencias galegas equivalentes á castelá “compra un bosque y piérdete”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 16/02/2025 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En contextos en que unha persoa lle quere manifestar desprezo, repulsa, acritude... ó seu interlocutor ou ó que acaba de dicir, ou ben lle quere dar a entender que pase dela e a deixe en paz, ou mesmo que lisque, en castelán pódese botar man, entre outras, da secuencia fraseolóxica compra/cómprate un bosque y piérdete.

Vista dos CanTis de Loiba desde o lugar onde se sitúa o banco.
Vista dos CanTis de Loiba desde o lugar onde se sitúa o banco.

En galego dispomos tamén de secuencias que transmiten eses mesmos contidos, entre elas as que deseguido imos ver.

¿Empregades vós algunha outra?

Compra # Cómprate un bosque y piérdete

{= Secuencia expresiva coloquial coa que alguén lle manifesta desprezo, repulsa, acritude... ó seu interlocutor ou ó que acaba de dicir, ou tamén coa que lle transmite que pase del e que o deixe en paz, e mesmo que lisque.}

Tírate ó mar e di que caíches

Tira contigo e di que caíches

Ex.: ¡¿Pero qué coño dices de que toda la culpa es del entrenador?! ¡Compra un bosque y piérdete, hombre, ¿o no ves que no tenemos equipo para nada?!

¡¿Pero que carallo dis de que toda a culpa é do adestrador?! ¡Tírate ó mar e di que caíches, home Tira contigo e di que caíches, home, ¿ou non ves que non temos equipo para nada?!

Ex.: [Por exemplo, nun contexto en que alguén acaba de irromper nunha conversa xa iniciada e non é ben recibido nela]: Oye, tío, compra un bosque y piérdete, que nadie te ha dado vela en este entierro.

Oe, meu, tírate ó mar e di que caíches tira contigo e di que caíches, que aquí ninguén che deu voz nin vez.

● Tamén:

Vaite deitar && Déitate a durmir && Agáchate debaixo dunha cañota

Ex.: ¡¿Pero que carallo dis de que toda a culpa é do adestrador?! ¡Vaite deitar, home Déitate a durmir, home Agáchate debaixo dunha cañota, home, ¿ou non ves que non temos equipo para nada?!

Ex.: Oe, meu, vaite deitar déitate a durmir agáchate debaixo dunha cañota, que aquí ninguén che deu voz nin vez.

● E mesmo tamén, basicamente para unha persoa lle transmitir ó seu interlocutor que pase dela e que a deixe en paz, ou mesmo que lisque:

Fóra do meu coche && Sae da chalana

Ex.: Oe, meu, fóra do meu coche sae da chalana, que aquí ninguén che deu voz nin vez.

● Tamén, en función dos contextos:

Piérdete

Pérdete && Opérate && Vai dar unha volta (por aí adiante)

Ex.: ¡¿Pero que carallo dis de que toda a culpa é do adestrador?! ¡Pérdete Opérate, home, ¿ou non ves que non temos equipo para nada?!

Ex.: Oe, meu, pérdete vai dar unha volta, que aquí ninguén che deu voz nin vez.

● Tamén, igualmente en función dos contextos:

Olvídame

Esquéceme

NOTAS:

1. Nótese que as expresións que se plasman no presente artigo son susceptibles de compartir, en función dos contextos, espazos de uso coas reflectidas nos artigos de mandar a freír espárragos (1ª parte e 2ª parte) e mais de que te den morcilla.

2. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta