GC Aberto

A finais de maio terá lugar a I Xornada sobre Coeducación rural

Temos o reto ilusionante de resignificar e artellar ise novo espazo teórico-práctico que supón a 'coeducación rural'. Ir máis alá da didáctica igualitaria urbanita que da as costas ás diversidades do noso rural. En definitiva, darnos a mau en torno ao ecofeminismo crítico, o feminismo comunitario e os transfeminismos.

Por AlenGaliza (http://coeducacionrural.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 26/03/2016

Comparte esta noticia

Esta “I Xornada sobre Coeducación rural e diversidades: construíndo igualdade nas nosas aldeas” é unha proposta de acción formativa de 20 horas baseada na aprendizaxe cooperativa. A metodoloxía didáctica plantexada busca a participación activa, a problematización de casos e a deconstrucción de plantexamentos previos. Pra esta tarefa farase uso de diversas técnicas educativas colaborativas: videoforum, casos prácticos e role-playing; ademais xeneraranse debates, mapas conceptuais e brainstorming.

Programa

  • Martes 24: Diversidades afectivas, familiares, sexuais e amatorias: o noso corpo, o noso territorio
  • Mércores 25: Máis alá da coeducación urbana: o ecofeminismo entra nas aulas
  • Xoves 26: Violencias Basadas no Xénero (VBX) e violencias identitarias: machismo, LGTBIQfobia e ruralfobia
  • Venres 27: Novas propostas teórico-prácticas pra dinamizar a pedagoxía emancipatoria no rural

Obxectivos

  • Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria. Esí como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenrolo persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
  • Profundizar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico. Esí como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
  • Asumir estratexias prácticas pra aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural dende unha óptica freireana.
  • Afondar nos procesos de vulnerabilización, estigmatización e cousificación da diversidade afectivosexual nos entornos rurais.
  • Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e non urbanita.

Pra máis información sobre inscrición e programación: Nova Escola Galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta