Beiras presidente

O rumor de adianto electoral en Galicia esta a a orde do día. Seguramente Núñez Feijoo queira facer coincidir as eleccións galegas coas estatais, no caso de que estas sexan convocadas por falta de acordo de goberno.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 29/03/2016

Comparte esta noticia

Por iso a tarefa máis importante que está suscitada é unir ás forzas políticas patrióticas nunha fronte ampla sen exclusiones, onde convivan as organizacións soberanistas, coa esquerda rupturista.

É necesario derrotar á dereita e asumir un goberno que democratice a sociedade, xere emprego, loite contra a corrupción e inicie un proceso constituinte propio.
Para iso contamos co mellor candidato a presidente Xosé Manuel Beiras e a dous confluencias políticas que son as bases maioritarias que deben sustentar este proxecto político organizativo En Marea e o BNG. Como así tamén o aporte doutras organizacións que coindicen na necesidade de gobernar Galicia, en defensa dos seus dereitos nacionais e sociais.

Para chegar a este acordo débese coincidir en dous aspectos centrais: unha candidatura en clave galega e un programa de esquerdas.

Ambas confluencias políticas son fundamentais para garantir o éxito desta proposta electoral. En Marea converteuse nunha marca electoral alternativa baseada na figura de Beiras e a ola de simpatías que xera Pablo Igresias e Podemos. Mentres que o BNG ten unha estrutura organizativa moi importante e os seus cadros están fogueados na loita desde fai moitos anos. Estes dous elementos positivos poden ser a base do éxito electoral
Nesta conxuntura política non serven os argumentos de que soamente os partidos con matrices galegas, poden ser parte do proxecto. En Euskadi a propia Bildu, que se ha caracterizados por ser unha forza política consecuentemente independentista, invitou a Podemos para conformar no seu país unha alianza electoral.

A posibilidade de ser alternativa de goberno existe na medida que se comprenda que o conxunto dos sectores que foron afectados pola crise reclaman cambios. Por iso todos os votos deben estar concentrados nunha soa candidatura. Onde se poidan consensuar os mellores candidatos, que poidan representar ao interese reais da sociedade, especialmente a dos traballadores e a xente do rural.

Galicia e o seu pobo merécense e necesita un goberno de esquerdas e un presidente como Xosé Manuel Beiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.