Temas: INTERNET MóBIL

Cales son as imaxes para móbiles preferidas dos galegos?

Un estudio sobre varios millóns de mensaxes enviados descobre que o norte da Península tende a escoller emoticóns máis serios que no sur e no Mediterráneo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/03/2016 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O emoji máis usado en Galicia durante o ano 2015 é o da boca entreaberta. Así o sinala un estudio de Tinny Books, unha empresa española especializada en converter as conversas de WhatsApps en pequenos libros en papel.

Emoticones preferidos en España
Emoticones preferidos en España | Fonte: Tinny Books Facebook

Curiosamente, o polbo, o cefalópodo rei das rías e das mesas galegas, alcanza o liderado lonxe do país. Segundo o citado estudio, é o máis popular en Castela A Mancha. 

No mapa publicado por Tinny Books apréciase un maior gusto polos emoticones sobre a troula no sur de España e na área mediterránea (Andalucía a cara sorrinte, CAtaluña os aplausos, etc.) que no norte. De feito, o máis popular en Asturias é unha cara chorando, en Cantabria unha cara cos ollos de excepticismo, en Navarra unha cara escéptica, etc..

A nivel estatal, a cara que tira un bico é o máis popular, co 17% do mercado, seguido da cara chorando coa risa que anda polo 9% e do corazón co 8%. Pódese considerar que, en xeral, triunfan as imaxes positivas que denotan entropía emocional.

Os emoticones son as imagenes para mobil máis populares e, de feito, debido á omnipresencia dos dispositivos móbiles conectados á Internet, son xa unha parte central da cultura popular, especialmente entre as xeracións de persoas máis novas. Por exemplo, os editores do Diccionario de Oxford nomearon ao emoji da “cara rachando de risa” coma a palabra en lingua inglesa do ano 2015 por, precisamente, ser un símbolo capaz de superar as barreiras lingüísticas e culturais.

Os teléfonos móbiles terán dispositivos 5G
Os teléfonos móbiles terán dispositivos 5G

Para determinar os emoticones máis populares a citada editora di que analizou máis de 22 millóns destas iconas, que están presentes no 15% dos mensaxes enviados a través da telefonía móbil nas súas diversas variedades (emoticones, memes, imaxes prediseñadas, gifs,etc). Está por ver cales son as imagenes whatsapp 2016.

Temas: INTERNET MóBIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

CARANTOÑA, poderia ser unha palabra axeitada para estas iconas tan populares