Temas: INDUSTRIA

Os gañadores do concurso eólico do bipartito teñen dereito a importantes indemnizacións

A Xustiza obriga á Xunta a pagar medio millón de euros a EDP, quen se fixera con 127 megawatios dos 3.200 que repartira o Executivo de Touriño e Quintana.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/03/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia debe indemnizar aos adxudicatarios do concurso eólico de 2008 (o do bipartito), que anulara o PP. Isto é o que se desprende dunha nova sentencia neste sentido da Sala do  Contencioso - Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Bernardo Tahoces, director xeral, e Javier Guerra, conselleiro; responsábeis de executar a politica eólica do primeiro goberno de Feijóo
Bernardo Tahoces, director xeral, e Javier Guerra, conselleiro; responsábeis de executar a politica eólica do primeiro goberno de Feijóo

En concreto, os maxistrados estiman que o Goberno debe pagarlle á EDP Renewables Europe aproximadamente medio millón de euros. A compañía portuguesa pedía unha maior indemnización, pero o Tribunal admitiu como indemnizábeis algunhas das facturas que presento - por exemplo as de estudios de conexión eléctrica- pero non outras -por exemplo de servizos de comunicación.

A política eólica do PPdeG recibe así un novo golpe. O seu concurso eólico de 2009 está anulado pendente dunha improbábel resurrección no Tribunal Supremo e agora enfróntanse a ter que abonar millóns de euros aos beneficiarios do bipartito.

Cómpre lembrar que EDP -a través da śua filial Neo Energía- só gañara 127.7 megawatios dos 2.300 que repartira o Executivo que lideraban Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana. Fontes do sector indican que é moi probábel que o resto de adxudicatarios do 2.008 tamén denunciara á Xunta por anular aquel concurso e agora teñen a porta aberta para recuperar boa parte dos seus gastos.

A sentencia non é firme e está por ver que fai a Consellería de Industria. O  máis probábel é que prolongue o preito

Os conservadores non queren admitir diante da Xustiza a derrota da súa política eólica mentres que a maioría das operadoras agardan como auga de maio un novo Executivo que tente sacar ao sector da lama xudicial na que está atoado. Polo tanto, o que esperan as citadas fontes do sector é que a Xustiza estimee novas demandas similares a esta de EDP e que a Xunta as recorra até o final.

Nunha recente reunión, o Goberno do PP xa confirmou á Asociación Eólica de Galicia que recorrerá outra decisión do TXSG que anulou o concurso eólico de 2009 (o de Feijóo), a pesar de que o sector preferiría facer “borrón e conta nova” consciente de que -debido a un cambio legal implantado polo Goberno Rajoy- é ilegal calquera novo concurso que -como figuraba nas regras do biparito e tamén nas do PP- condicione o reparto de enerxía ao compromiso de executar plans industriais relacionados. 

Cando presentara o seu plan eólico, Alberto Nuñez Feijóo presumira dos miles de novos postos de traballo deses plans industriais relacionas que se ían a executar sen causar ningún atraso sobre o calendario previsto concurso do bipartito. Pasado o tempo, a práctica totalidade daqueles parques eólicos e plans industrais -por exemplo a SOGAMA do Sur-  só existen no papel e os beneficiados polo reparto do PSOE e o BNG teñen dereito legal a importantes indemnizacións.

Nesta resolución indícase que son indemnizables aqueles gastos que se realizaron na previa fase administrativa -na preparación de expedientes- para poder participar no concurso de 2008 do bipartito e que posteriormente deviñeron inútiles, debido á declaración de desistencia executada polo novo goberno conservador en 2009. Posteriormente a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria fixou unhas indemnizacións mínimas que agora aumenta considerablemente a Xustiza.

Temas: INDUSTRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

9 Victor Paz

Despois de ler os comentarios, un consello aos fans do BNG: Non entredes ao trapo de calquera instigador, hai ter ben asegurados os argumentos, hai que estar mellor informados e menos uniformados, estades ficando en evidencia. (por un que sempre votou BNG).

8 Xaime da Chanca

Hai algo peor que ser un servo do PP? Si, ir de progre lacaio do Bloque! Que non rapazolos, non todos ides pasar a empresa privada, a loteria do Dorribo coa Conselleria de Industria (Fernando Blanco de por medio, presidente de honra do clube Accion&Klasse, que hai clases) tocoulle a Bazarra. Aos demais quedavos tirar pedras.

7 Ventos de guerra

Polo visto as unecas elices que lles interesan a seita Podemos-La Marea son as das fragatas que lle venden aos sátrapas da casa Saúd, promotora do terrorismo yihadista.

6 PPodemos e PP a mesma me...

Para unha cousa que fixo ben o vello e o seu golfiño daquela Quintana...Podemos e PP o mesmo concurso eólico é.

1 ;))))

o vello no bipartito?!?!?! disparas o aire ou cuspes pra riba. pide q cho conten de novo

5 Fora lixo expañol da Galiza

Como lle tapan a inmundicia Podemica-Mareante expañola as falcatruadas e os detritus aos PPinotxos. Tal para cal, Pascual, Ah! Pascual, xa non está, foi vitima das purgas do co...da democracia asamblearia e horizontal jajajajja