Por que a Xunta non fai público os datos das listas de espera?

Toda ao oposición esíxelle “transparencia" nas listas de espera sanitarias. Os populares tamén votan en contra dunha enmenda que lle pedía a Xunta que responda as reclamacións escritas feitas ao redor da atención aos abortos euxenésicos do segundo trimestre no Sergas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta négase a facilitar os datos da totalidade das listas de espera do Sergas, tanto estruturais como non estruturais, a pesar de que todos os grupos da oposición no Parlamento de Galicia -PSdeG, BNG, AGE e Mixto- esixíronlle este martes á Consellería de Sanidade "transparencia" neste tipo de información.

Sesión no Parlamento de Galicia
Sesión no Parlamento de Galicia | Fonte: parlamentodegalicia.es

“Escoitando isto calquera diría que a sanidade galega é das peores do mundo”, contestou a deputada do PPdeG, Marta Rodríguez, que acusou ao resto de grupos de "demagoxia". "Acúsannos de listas de espera coma se só existisen alí onde o goberna o PP", indicou, e destacou que máis do 73% dos galegos valora a sanidade pública galega como "boa ou moi boa".

Por iso, o PPdeG botou abaixo a moción defendida pola deputada do BNG Montse Prado, que tamén lle pedía á consellería que teña operativos todos os recursos dos que dispón o Sergas -camas e quirófanos, entre outros- e non realizar derivacións de pacientes á sanidade privada mentres existan recursos dispoñibles, susceptibles de ser usados nos centros públicos.

A socialista Carmen Acuña acusou o Goberno galego de "recortar" recursos á sanidade pública para utilizar os concertos e derivacións á sanidade privada e Eva Solla, de Alternativa Galega de Esquerda, afirmou que non se cumpren os tempos mínimos de espera cirúrxica. Pola súa banda, Consuelo Martínez, do grupo Mixto, afirmou que na sanidade pública péchanse camas e á vez derívanse pacientes á sanidade privada.

Precisamente, o PPdeG tamén votou en contra doutra moción de AGE que, entre outras demandas, pedía que a Consellería responda as reclamacións escritas feitas ao redor da atención aos abortos euxenésicos do segundo trimestre no Sergas.

Tampouco Carmen Acuña logrou sacar adiante a súa moción, ao oporse o PPdeG, na que expuña que o Parlamento instase á Xunta a solicitar do Ministerio de Sanidade a paralización e derrogación do denominado decreto de prescrición de enfermaría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta