Desenvolven un proxecto pioneiro na industria do automóbil

Varias emrpesas impulsar unha nova tecnoloxía para fabricar pezas de coches máis económicas.

Por GC Emprende | Vigo | 30/03/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Un consorcio galego desenvolveu un dispositivo innovador que permite fabricar pezas estruturais para a industria do automóbil cunha nova tecnoloxía de fabricación máis eficiente e económica.

Fabricación de veículos en Vigo
Fabricación de veículos en Vigo | Fonte: notodocoches.com

Segundo informa o centro tecnolóxico Aimen nun comunicado, trátase do proxecto Perfil +, liderado por Grupo Antolin-PGA e no que participan as empresas galegas Hispamoldes, Aukor e Mecamos, que contaron coa colaboración de CTAG e Aimen Centro Tecnolóxico, e cun orzamento de 1,9 millóns de euros.

Grazas a esta iniciativa desenvolveuse unha tecnoloxía de conformado de chapa en continuo mediante perfilado que permite a fabricación de pezas estruturais en aceiros de alto límite elástico, que na actualidade só é posible mediante técnicas menos produtivas como a estampación en quente.

Con este novo sistema redúcese o tempo de procesado, a cantidade de chatarra xerada, o investimento en utillaxe e minimízanse os tempos mortos e improdutivos, segundo Aimen. Ademais, obtéñense pezas únicas, que non necesitan de operacións secundarias para a súa ensamblaxe, e de baixos espesores, que diminúen o paso dos vehículos e fanos máis sustentables ao xerar menos cantidade de emisións.

Todo iso permitirá dar ás empresas de transformación de chapa, segundo explica Aimen, "un salto competitivo", ao poder ofrecer novos compoñentes aos construtores de vehículos adaptados aos seus requirimentos de deseño cada vez máis esixentes.

Coche eléctrico no IFEVI
Coche eléctrico no IFEVI | Fonte: HombreDHojalata

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta