Cambre oferta un curso de pilotaxe de drones

Os pilotos de drones teñen que superar un curso específico (práctico) sobre a aeronave, emitido polo fabricante ou unha organización aprobada por este e dispor dun Certificado médico aeronáutico de clase 2 ou LAPL.

Por Galicia Confidencial | Cambre | 31/03/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Concello de Cambre oferta, dentro do XVI Plan Municipal de Formación para o Empego 2016, un curso básico de piloto profesional de drones para "complementar a formación ocupacional xa existente vía certificados de profesionalidade".

Un dron voando
Un dron voando

Este curso está orientado á formación teórica nos coñecementos básicos de aviación que debe ter un piloto ou operador de aeronaves non tripuladas (drones, RPAS ou UAVs) para o desenvolvemento das súas funcións. O curso foi desenvolvido en cumprimento á  na que se establecen os requisitos de cualificación dos pilotos para a operación de RPAS, comunmente chamados drones.

Segundo o artigo 50 da Lei 18/2014, de 14 de Outubro,  os requisitos que deben acreditar os pilotos de aeronaves civís pilotadas por control remoto que non superen o 25 kg son realizar un curso (teórico) básico e/ou avanzado de pilotos de drones (RPAS) nunha organización aprobada.  Tamén dispor dun curso específico (práctico) sobre a aeronave, emitido polo fabricante ou unha organización aprobada por este e dispor dun Certificado médico aeronáutico de clase 2 ou LAPL.

O Goberno de Cambre defende este curso porque aposta por "un sector tecnoloxicamente punteiro e emerxente" e "conducente á titulación oficial emitida pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, que sumará á formación en Soldadura TIG, Prevención de riscos laborais ou Manipulador de alimentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta