Abanca presenta un novo sistema de pago dixital

ABANCA pay permite enviar diñeiro de forma gratuíta a calquera persoa introducindo un número de teléfono ou un correo electrónico.

Por GC Emprende | A Coruña | 31/03/2016 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

Abanca vén de lanzar para todos os seus clientes ABANCA Pay, unha aplicación que permite realizar desde os móbil pagos inmediatos de forma gratuíta a calquera usuario bancario nacional e europeo, teña teléfono ou non.

O servizo de Samsun Pay de Abanca
O servizo de Samsun Pay de Abanca

“É unha ferramenta útil, fácil de usar, sen comisións e que realiza as operacións de forma inmediata co obxectivo de facerlle máis sinxela a vida aos nosos clientes, facilitándolles as súas transaccións diarias”, explica Eduardo Aldao, director de Innovación da entidade bancaria.

ABANCA Pay permite o pago de ata 150 euros por operación, de forma gratuíta, a calquera persoa, sexa do banco que se sexa, simplemente introducindo un número de teléfono ou un correo electrónico. “Non é necesario pedir o número de conta a ninguén, nin é necesario que pertenza á mesma entidade. Con esta aplicación o cliente poderá enviar e recibir diñeiro dos seus amigos ou compañeiros de traballo de forma instantánea”, apunta o xerente de Medios de Pago de Abanca, Jorge Blanco.

A aplicación deseñada está asociada á conta de banca electrónica do cliente e permite realizar un pago a unha persoa simplemente seleccionándoa na axenda de contactos do móbil, sen que sexa necesario que coñeza o seu número de conta nin que pertenzan á mesma entidade financeira.

ABANCA Pay está conectada a outros bancos a través da rede EALIA desenvolvida por CECA, o que permite realizar os pagos de forma inmediata. “O pago é inmediato, faise efectivo directamente entre as contas dos clientes no mesmo momento da súa autorización”, afirma Eduardo Aldao. Ademais, ao contrario que outras aplicacións similares, non é necesario ter descargada a app para recibir diñeiro doutra persoa.

Esta entidade bancaria xa foi pioneira en ofrecer aos seus clientes o pago móbil con Samsung Pay e en soportar a identificación por pegada (Touch-id) na banca móbil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta